XORNADAS INICIACIÓN Á ESPELEOLOXÍA PARA XUVENÍS (7- 8 MARZO)

A próxima fin de semana, 7-8 de Marzo, faremos unha actividade de espeleoloxía para os nosos xuvenís.
Estaremos acompañados por  técnicos da Federación Galega de Espeleoloxía. O plan é  entrar en varias covas e tamén aprenderemos técnicas de progresión en cavidades.
Como todas actividades que organizamos, esta  é segura e axeitada para os coñecementos  dos participantes. O material será cedido pola Federación de Espeoloxía.
Sairemos o sábado e durmiremos no refuxio de Covas (cerca de Viobra).  
 
Aqueles que se anoten  recibirán máis información sobre a actividade e sobre todo o material que teñan que levar.
 
MOITA ATENCIÓN xa que as prazas son limitadas ( 14 prazas).
A lista para apuntarse  ábrese HOXE venres 27 e péchase o próximo martes 3.
 
Os que estedes interesados  chamar o antes posible 

¡¡¡¡ISTO ENGANCHA!!!
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.