MARCHA NORDICA


O pasado domingo, 24 de marzo, celebrouse na Coruña a primeira competición de marcha nórdica válida para a Copa de España FEDME 2019, e o Primeiro Campionato Galego Individual.



Cunha organización perfecta, no entorno da Torre de Hércules e con un tempo atmosférico inmellorable déronse cita deceas de marchadores de todas as federacións españolas.  
Entre eles o noso socio Segundo González, representando ao Club Peña Trevinca de Vigo, que acadou o quinto posto na clasificación absoluta do Campionato Galego e primeiro clasificado na súa categoría C, de veteranos a partir de sesenta anos de idade.


O percorrido de casi once kilómetros, esixente  a  dicir de alguns dos expertos nesta disciplina aínda o foi máis ao aplicar nesta proba as novas normas da FEDME para 2019, que mesmo provocaron a descalificación de algúns dos participantes por acumulación de amonestacións.

spacer

TREVINCA NOS MEDIOS


Podedes voltar a escoitalo premendo nestes enlaces:


RADIO MARCA Min. 1:49:37

RADIO GALEGA Min 38



















spacer

III Día do Sendeirista de Galicia: Trevinca e F.G.M.

III Día do Sendeirista de Galicia
Domingo día 7

Este día ímonos xuntar cos compañeiros doutros clubs para compartir esta actividade federativa que este ano organiza o noso club. 
Camiñaremos pola terras do Xurés, entre España e Portugal, dando con ela remate ao noso Arco Luso-Galaico que viñemos percorrendo nos últimos anos.



Saíndo de Cainheiras pasaremos polo dolmen da Casa do Moura, pola aldea abandonada de As Cortes da Carballeira e a súa ermida, logo por unha fermosa carballeira ata chegar á área recreativa de “As Perdices” para, dende alí, achegarnos ao remate en Entrimo. 

Actividade só para federados que, ao remate da mesma recibirán o seu agasallo conmemorativo.

Animádevos a participar nesta andaina na que disfrutaremos dos albores da primavera. 

A lista xa está aberta ata o xoves 4

AGARDÁMOSVOS
spacer

NO TEITO MÁIS ALTO


Este pasado finde a bandeira do club, xunto coa do Concello de Vigo, chegou ao teito máis alto de España... polo de agora.


Os socios Javi Pereiro, Francisco Rdguez. “Kiko”, Lois Faro, Carlos Garrido, Nacho Rdguez. e os amigos Mónica García e Martín Romero chegaban con elas ao cume do Teide (3718m) nun percorrido que iniciaron, con nocturnidade e alegría, dende a praia del Socorro en Tenerife. 



Un total de 19 horas, once para subir e oito para baixar, foron as empregadas no durísimo percorrido de 56km en total, sen parar apenas para facer as fotos na altura máxima do teito de España.



Fantástica experiencia, fermoso amencer no cume, e sobrecarga muscular “marabillosa” ao rematar de novo nas augas da praia tinerfeña.
FELICIDADES a eles e vos animamos a viaxar e a levar como compañeira a bandeira do club.





spacer

Celebracións 75 aniversario

Xa temos detalladas todas as actividades e eventos para este 75 aniversario





spacer

III DÍA DO SENDEIRISTA DE GALICIA

II Día do Sendeirista de Galicia
Domingo día 7 de abril

Este día nos imos xuntar con compañeiros de outros clubs para compartir esta actividade federativa que este ano organiza o noso club. 

Camiñaremos pola terras do Xurés, entre España e Portugal, dando con ela remate ao noso Arco Luso-Galaico que viñemos percorrendo nos últimos anos.

Saíndo de Cainheiras pasaremos polo dolmen da Casa do Moura, pola aldea abandonada de As Cortes da Carballeira e a súa ermida, logo por unha fermosa carballeira ata chegar a área recreativa de “As Perdices” desde onde nos achegaremos ao remate en Entrimo. 

Actividade so para federados que, ao remate da mesma, recibirán o seu agasallo conmemorativo.

Animarvos a participar nesta andaina na que disfrutaremos dos albores da primavera. 

¡AGARDÁMOVOS! 
A LISTA ABRÍMOLA HOXE DÍA 21 ATA O XOVES 4


spacer

ACTIVIDADE EN LEITARIEGOS


De novo a méteo permitiu que pasaramos unha extraordinaria fin de semana, desta volta en Leitariegos. 

Na mañá do domingo non se puido esquiar todo o que se quería pero en xeral o tempo acompañou e as cumes do Muxivén, na xornada do sábado e o Miro de Tejedo, no domingo, fixeron que voltaramos  moi contentos. 

De novo demos cun albergue excepcional, xestión do noso amigo, e vocal do club, Tomás Campo.





spacer

PREMIO GALA DO DEPORTE DE VIGO

Socios e directivos, actuais ou que xa non o son, todos somos merecedores deste trofeo que nos entregaron na Gran gala do Deporte de Vigo. 



75 anos  son moitos, aválannos, nos enchen de orgullo e nos dan forza para seguir sendo un Gran Club. Moitísimas grazas a todos.

¡MOITAS FELICIDADES CLUB PEÑA TREVINCA!

  


spacer

INFO ACTIVIDADE EN LEITARIEGOS

Saímos sábado ás 7 da mañán desde Praza de España.

NON é preciso levar saco de durmir.
Levar preparada mochila co necesario para camiñar nada máis chegar.
A opción de esquiar será para o domingo.
Non contemplamos como imprescindible a utilización de crampóns ou piolet, pero quen os teña que os leve.
Calzado adecuado para camiñar con neve e cubrebotas.




spacer

GALARDONADOS NA GALA DO DERPOTE

O noso club e a socia Estela Miles serán galardonados na Gala do Deporte que se celebrará mañan ás 20,30h no Centro Cultural Afundación.



Temos algunhas invitacións no club para quen queira acudir a este acto e celebralo con nós.

spacer

RETO: BANDERA VIAXEIRA #3


¡Xa temos outra nova foto!

Nosos socios: Juan J. Vale, Carlos Garrido, Cristina Conde e Jose M. Saavedra


Este pasado domingo, fixeron cumio algún dos nosos socios no teito de Galicia, Peña Trevinca 2.127m, nunha saída express do clube.
spacer

RUTA SENDEIRISTA POLA SERRA DE CANDÁN

Lembrade o domingo saímos ás 8 dende praza de España


spacer

RESUMO DA FESTA DO 75º ANIVERSARIO

Emotiva celebración do 75º Aniversario do club o pasado día un.



Proxectouse un vídeo-documental de 40 minutos, no cal se recolleu a etapa fundacional e a actualidade do club. Este  foi moi comentado polos asistentes ao acto e as felicitacións tanto á Xunta Directiva como ao seu realizador Francisco Álvarez foron moitas e cariñosas. Tamén quedaron moi satisfeitos os socios veteranos, pois disfrutaron moitísimo tanto coa proxección como con todo o acto en xeral. 




Destacar que nos acompañou a socia máis veterana, Olga Abad, filla de Natalio Abad, fundador do club, que sendo dada de alta en 1949 leva pertencendo ao noso club 70 anos. Como sinal de agradecemento e cariño Olga recibiu un ramo de flores entregado polo presidente Carlos Garrido.



Ademais debemos destacar a presenza de outros fillos e netos dalgúns fundadores, como Alicia e Pilar Villaverde, expresidentes, socios  e directivos veteranos de outras épocas. Acompañounos tamén neste acto Adolfo Puch e David Araujo, presidente e vicepresidente da Federación Galega de Montañismo. 




Tan so lamentar a ausencia do noso querido Ricardo Gurriarán que unha circunstancia de ultimísima hora impediu a súa asistencia. Dende aquí lle enviamos unha mostra de gratitude por toda a súa colaboración. 




Moitas grazas a todos os asistentes tamén, do ricas que estaban as tartas e da festa posterior mellor non falamos.....

FELICIDADES A TODOS OS SOCIOS E AMIGOS DO CLUB







spacer