CURSO DE MONTAÑA INVERNAL

A pasada fin de semana, quince dos nosos socios asistiron a un curso especifico para o noso clube de montañismo invernal impartido por dous técnicos da EGAM. 



Deixámosvos algunhas imaxes do entorno de Peña Ubiña, onde se celebrou o mesmo e damos á benvida ás travesías do club aos nosos novos montañeiros.



spacer

PAIS E NENOS AO MONTE SUAPICA

SECCION INFANTIL

Xa vos podedes apuntar  para subir ao monte Suapica, en Forcarey. Un fermoso percorrido circular polo norte da Serra do Candán . A partir da aldea de Graba, en Silleda, comezaremos a nosa ascensión a esta cume para ir adestrando,  xa  que salvaremos un desnivel duns 420m. 
Fantástico percorrido para ir collendo forza  disfrutando da ascensión. 

APUNTARVOS XA



spacer

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL + SORTEO

Mañá venres temo no clube o sorteo dun finde nunha casa rural e material variado de montaña para os nosos federados.

O sorteo será unha vez remate a proxección do documental “AS ASOCIACIÓNS POR UN MUNDO MELLOR” do noso amigo Martín García.




spacer

SERRA DA CABRERA DENDE SANABRIA


Onte quedou aberta a lista  para acudir a primeira actividade de montaña deste ano pola Serra da Cabrera. 
Faremos base en Sanabria e irémonos  achegando  ao noso “espazo natural”...as montañas, e si son con neve mellor. O Vizcodillo, cos seus 2.122m, nos agarda seguro que con bastante.  

Atentos que o prazo remata o xoves día 15



spacer

FOTOS ACTIVIDADE MANZANEDA


Aquí temos algunhas das fotos da pasada fin de semana en Manzaneda coa sección infnatil



spacer

RUTA DA CUBELA



Xa temos aberta a lista para apuntarse a un fermoso percorrido pola Ribeira Sacra: A Ruta da Cubela.  
Saíndo do entorno de Augasmestas tras percorrer varias aldeas chegaremos  a contemplar unha das máis fantásticas vistas do Sil no meandro da Cubela. 

APUNTATE XA



spacer