ENTREGA TROFEOS 2018

spacer

FELICES FESTAS



Toda a familia de Trevinca vos desexa un bo Nadal

Foto: Francisco Alvarez Villar

spacer

ACTIVIDADES DOS NOSOS SOCIOS

Nesta ocasión vimos cunha reseña da actividade invernal feita o pasado día 10 de decembro polo noso socio Orlando Fandiño no Pirineo Aragonés.




Coa saída e chegada o refuxio de Goriz a 2.195m fixo unha travesía circular: os cumios do Monte Perdido 3.348m, Cilindro de Marboré 3.325m, Pico Marboré 3.251m e Pico Oriental de la Cascada 3.161m en 6h e 36 min.



Tivo un día soleado cunhas boas condicions da neve; pero cun forte e frío vento de compoñente noroeste. 
O chegar o cuarto cumio e tendo próximos outros tres tresmiles, decidiu dar por rematada a sua travesía o estar moi castigado pola continua exposición o vento.



Ainda así, está moi satisfeito pola actividade realizada e polo previlexio de poder contemplar as maxestuosas montañas, así como os fermosos e profundos vals dende os principais 
cumios.





spacer

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ENTREGA DE PREMIOS

 

O xurado xa se reuniu para seleccionar as mellores fotos das 72 que se presentaron nesta segunda edición do Concurso Fotográfico celebrado o pasado día 28 de outubro en Nogueira de Ramuín.





Como xa sabedes a entrega de premios e diplomas será o vindeiro venres día 21 na tradicional celebración de Nadal no auditorio dos Padres Capuchinos.
Ata entón non se desvelaran os gañadores deste concurso, mais namentres podedes desfrutar de todas as fotos presentadas e mesmo facer a vosa propia escolla desta II edición do Concurso Fotográfico:

Categoría Pedra

Categoría Outono

Categoría Libre



Tamén podedes ver no club una exposición dalgunhas fotos escollidas polo xurado.




Agardámosvos a todos o día 21 as 20:15 no auditorio dos Padres Capuchinos na rúa Vázquez Varela 15


 
spacer

REUNION INFORMATIVA PAIS (15 de decembro)


Este sábado pola tarde teremos unha reunión con todos os pais da sección infantil-xuvenil na que exporemos o proxecto que a nova Xunta Directiva está preparando para este grupo.
Queremos darlle unha nova orientación para que os pais teñades un papel moi importante e activo nas súas actividades.
A reunión comezará ás 6 da tarde. Necesitamos que acudades todos porque trataremos temas que precisan da vosa implicación, para seguir tendo unha sección importante e con futuro dentro do noso club.
SÁBADO  15 DECEMBRO 18:00
ESPERÁMOSVOS A TODOS

 
spacer

Belén de Cumes e Marcha do Pavo (16 de decembro)



Nesta edición imos quedar moi preto de Vigo para celebrar este tradicional acto de colocar un belén no cume. E imos facelo no querido, pero moi maltratado, monte Galiñeiro. Será como una especie de acto exculpatorioou de desagravio por todas as ameazas que o perseguen, sendo como é un espazo que moitos vigueses e xentes da contorna disfrutan constantemente, motivo polo cal aínda máis, debemos telo presente tanto para reivindicalo como para gozar del.

Para a colocación do belén iremos acompañados dos máis novos do club. Con eles faremos un tramo entre a base do Galiñeiro e o Arruídos, tamén coñecido como Loma del Zorro. Alí, infantís, xuvenís e adultos colocaremos o belén e cantaremos unhas panxoliñas; a continuación, iniciaremos dous percorridos distintos para xuntármonos de novo máis tarde, diante do tradicional cocido. Os peques irán cara á parroquia de Zamáns e os demais iniciarán dende ese punto a Marcha de Regulariedade, co fin de levar a casa un fermoso pavo.

Cada minuto sairá una parella, descendendo ata chegar ao cruce de pistas, desde onde subiremos o Botella. Pouco máis adiante, na Cova da Becha, teremos o segundo control. A continuación, de a pouco, camiñaremos polo GR-53 e GR58, pasando moi preto do Coto  Mediodía, e tras cruzar o lugar de Casal de Abaixo chegaremos ao Parque Forestal de Zamáns, terceiro control. Xa pasado o núcleo urbano, chegaremos aos muiños de Zamáns, bordearemos parte do encoro ata o muíño de Maquías e dende alí nos encamiñaremos, tras 14 km, ata o final da etapa na Pasaxe, na porta mesmo do restaurante onde celebraremos o terceiro, e moi importante, acto do día. Haberá sorteo da “pavita” e algunha cousiña máis para poñer remate ás actividades deportivas do ano.

ADULTOS: O domingo o bus sae as 8.30h da praza de España

INF-XUV: O domingo as 9h dende o Concheiro

NON FALTEDES A ESTA TRADICIONAL ACTIVIDADE

spacer

Almanaque escalada Trevinca

No 2019 Trevinca segue apoiando a escalada, nesta ocasión co “calendario del equipador”.  Todos os fondos que se recaden serán para reequipar ou arranxar vías de escalada na nosa comunidade.
 
Xa están á venda no Club por 3€. Un fermoso agasallo para o ano que está a piques de comezar.
 
¡APURADE.... Temos poucas unidades!
 
 
spacer

Comarca Vaqueira, Asturias (6 a 9 de decembro)

 

Durante os días da ponte de decembro imos gozar das fermosas paisaxes da Comarca Vaqueira en Asturias.

O xoves 6 de decembro, xa de camiño, pararemos nas Pontes de García Rodríguez e faremos un percorrido pola Fraga de Lostegal.


Durante esos días coñeceremos as "Hoces del Esva" considerado Patrimonio Natural e, tamén, percorreremos un anaco do camiño primitivo entre Tineo e Pola de Allende.



E para rematar a actividade, o domingo 9, pasearemos un sendeiro en Cabo de Busto pasando polo seu faro e admirando os seus acantilados para logo comer en Luarca antes de partir cara a Vigo.


Lembrade que nesta actividade temos un límite de 40 prazas.

Saímos día 6 ás 7,00h dende a  praza España.
Lembrade levar a mochila de ataque preparada.
Os de albergue tamén saco.


Máis información na circular deste mes ou chamando ao club


spacer

XORNADAS ELIMINACION DE ARCOLITOS

Maña de traballo solidario a de este pasado domingo nos montes de O Freixo, arrincando brotes de eucalipto. 



Preto de vinte socios do noso club participaron nesta labor e os veciños dá zona nos deron boas mostras de agradecemento.

A Directiva do club quere agradecer o esforzo dos socios que desinteresadamente colaboraron nesta xornada de recuperación  dunha zona pola que mesmo xa temos pasado nas nosas marchas co club. 









GRAZAS A TODOS


spacer

Convocatoria FGM de detección de talentos de Escalada

O próximo día 15 de decembro a FGM convoca unha xornada para facer probas de acceso a xoves escalador@s entre 10 a 17 anos para formar parte do Centro de Tecnificación de Escalada ou "CTE".



spacer

MENSAJE DE ÁNIMO ANTE UN MOMENTO TAN DIFÍCIL

Socios, amigos y Junta Directiva del club enviamos un mensaje de ánimo y condolencia a Mijail Ghanime y su hijo Xoan ante tan inesperado suceso de dolor.

Recibir un abrazo muy fuerte de toda la Familia Trevinca.


Nota: La actividad prevista para la S. Infantil de este domingo día 2 queda suspendida hasta nueva fecha.

Disculpad. Muchas gracias y abrazo a todos.


spacer

#código200000


Todavía no cumplió los cuatro añitos y, ayer, nuestro blog recibió la visita número 200 000!!!






spacer

BRIGADAS DESEUCALIPTIZADORAS

Informámosvos, para os que non poidan vir, que estamos a formar unha brigada de voluntarios para arrincar os brotes de eucaliptos que se están estendendo  como unha peste nas zonas que arderon o pasado ano. Son moitas as asociacións, mesmo institutos e colexios, que se están implicando nesta tarefa dado o grave problema que causaría deixar o monte así.
 
Tras poñernos en contacto cos responsables de montes “actuaremos”  O DOMINGO 2 DE DECEMBRO A PARTIR DAS 09:30 DA MAÑÁ. 
Para máis información podedes chamar ao club e formar parte deste grupo de “desbrozado manual”. Só se precisan guantes e moitas  ganas de arrincar eucaliptos.
 
 
 
 
 
spacer

PRESENTACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA (Venres 23 ás 20:30 horas)

Mañá venres ás 20:30 horas celebraremos unha importante reunión no club na cal se presentará a nova Xunta Directiva.  Os novos e os anteriores  directivos estaríamos encantados de contar coa vosa presenza para comezar unha nova andaina cargada de ilusión por parte de todos.
 
Será nun acto cheo de presentacións pois teremos algunha novidade e vos adiantaremos algúns proxectos deportivos e sociais para o ano que ven, que agardamos, deixe unha importante pegada na historia recente do noso club.
 
CONTAMOS CON VÓS NESTA IMPORTANTE PRESENTACIÓN
 
 
spacer

Premio ao fomento da iniciación deportiva 2018

Onte asistimos á celebración da 27ª Gala do Deporte Universitario  que se celebrou no auditorio do Concello de Vigo. Das mans do noso alcalde, Abel Caballero, recibimos un premio que hoxe  sentímonos orgullosos de compartir con todos vós e no que  vai representado o esforzo que sempre estamos dispostos a facer para fomentar a iniciación ao deporte.
 
O alcalde Abel Caballero entregando o premio ao noso presidente, Carlos Garrido
 
 
 
 
 
 
 
 
Ao longo do acto fóronse entregando premios a diversos deportistas que destacan no eido do atletismo, loita, esgrima, vela, natación, taekwondo, bádminton, judo e voleibol. Houbo tamén recoñecementos para aqueles que despuntaron en competicións universitarias nacionais e internacionais, así coma outros galardóns que se entregaron á  comunidade universitaria e  a outras agrupacións.
 
 
O presentador, Carlos Blanco co padriño do acto, Eduardo Vieira
O rector, Manuel Reigosa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Moitísimas GRAZAS á Comunidade Universitaria de Vigo por este premio cheo de simbolismo para nós e NORABOA polo bo facer no acto de onte.
 
   
 LER ARTIGO COMPLETO


Foto familiar dos premiados

VIDEO DA XXVII GALA DO DEPORTE DA UNIVERSIDADE DE VIGO 2018

(Ver nos minutos: 1:01:00)
spacer

Fotografías "Magosto nas terras do Bolo"

Deixámosvos algunhas fotiños da finde pasada na que celebramos o noso tradicional magosto.
 
 
Grazas ao vogal de montaña, Tomás Campo e de sendeirismo José María Grova polo esforzo adicado a preparar esta actividade.
 
Graciñas a José Manuel González, coma sempre, por cedernos as súas fantásticas fotos.




spacer

6ª etapa "Arco Galaico-Lusitano" (Domingo, 25 de novembro)

Xa está ABERTA a lista para apuntarse a esta actividade que, nunha ruta de 23 quilómetros percorrerá as terras entre Cainheiras  (Melgaço) e Terrachán (Entrimo).
 
 
 
spacer

LOTARÍA DE NADAL

 
Lembrade que xa están á venda, no noso local social, as participacións de lotaría do número co que xogamos todos os anos:
 
41 532 

Non vos despistedes que logo todo son présas…
 
 

spacer

"As nosas fotos"

 
Autora: Cristina Conde
spacer

INFORMACIÓN "Magosto nas terras do Bolo"

 
** Saída o SÁBADO 17 ás 07:00 horas dende Praza España.
 
** Os que se aloxan na casa teñen que levar saco de durmir e os que durmen no pavillón teñen que levar o saco e a esterilla.
 
** Todos temos que levar os útiles para cear.


spacer

INFORMACIÓN "Magosto infantil/juvenil en O Courel"

 
 
** Salida el SÁBADO 17  a las 08:00 horas desde Plaza de España.
 
** Llevar saco de dormir y los útiles necesarios para cenar y desayunar.



spacer

SEGUIMOS APOSTANDO POLA ESCALADA


spacer

II Trail Orixes de Mondariz

Celebrouse o pasado domingo 11 de novembro a segunda edición desta proba que ofrece tres distancias diferentes: Maratón, Trail e Minitrail, todas elas recorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz.
 
Dous dos nosos socios, Lois Faro Fortes e Francisco Rodríguez Silva "Kiko"  participaron na que definiron como "a dura proba" de Maratón (46 quilómetros), representando ao Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia. Os dous remataron cun tempo de 6 horas, 41 minutos. Kiko acadou o segundo posto na súa categoría VET-B o que o fixo subir ao podio.
 
PARABÉNS  Kiko!!!
PARABÉNS  Faro!!!



Os participantes nun avituallamento
Lois con mallas negras e Kiko con pantalón curto




Kiko no podio.
Fotografía:megustamipueblo
 

 
spacer

Magosto nas terras do Bolo (17 e 18 de novembro)

POLOS CANÓNS DOS RIOS XARES E BIBEI

XA ESTÁ ABERTA A LISTA  para anotarse ao magosto que celebraremos os próximos 17 e 18 de novembro.
Este ano ímolo celebrar no oriente ourensán, en terras do Bolo, con espléndidos percorridos polos canóns dos ríos Xares e Bibei.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
A festa na vila do Bolo montarémola pola nosa conta, con empanada, chourizos, castañas e bica, regado todo co bo Mencía.  Durmiremos no pavillón do pobo ou nun hostal (con prazas limitadas nese caso).
 
Como adianto da información que estades a piques de recibir na vosa casa coa circular, que mellor que o seguinte artigo periodístico que trata sobre unha das marabillas que imos visitar nas rutas previstas: as ruínas do esquecido Balneario de Mondón.
 
 



spacer

MAGOSTO INFANTIL/XUVENIL NO COUREL (17 e 18 de novembro)

               
Outro ano que voltamos ao Courel para celebrar o magosto e, coma en anos anteriores, imos mesturar actividade de montaña e espeleoloxía. Os percorridos de montaña que temos preparados son aptos para pequenos e maiores. O primeiro será dende o pobo de Cruz de Outeiro ata o Mazo seguindo o curso do río Soldón e pasando pola ferrería. O segundo vai dende o Alto do Couto ata Moreda atravesando a emblemática Devesa da Rogueira.                                                      


Os que fagamos espeleoloxía exploraremos a Sima da Tara o sábado, e o domingo iremos a Longo de Meu, moi preto da Devesa da Rogueira, onde nos atoparemos cos que veñan facendo montaña para rematar todos xuntos esta actividade.

Durmiremos no refuxio da Seara, o club fara a cea, o magosto e o almorzo, tendo que levar cada un o seu prato, vaso, etc.
 
É esta unha actividade que vai ter lugar dentro do espazo da Red Natura, por elo temos que pedir permisos para poder entrar nas covas. NECESITAMOS QUE VOS APUNTEDES O MÁIS AXIÑA QUE POIDADES. 
Tamén teremos que alugar na Escola de Espeleoloxía material de vertical para entrar na Sima da Tara. O número de persoas que podemos entrar nesta sima é reducido pois teremos que levar todos equipo de vertical, terán preferencia aqueles rapaces que xa saiban utilizalo. Para o resto de persoas que se apunten, este sábado día 10 no club ou en Budiño, ensinarémosvos a utilizalo. É unha cova moi sinxela e óptima para aprender a usar as cordas.
 

ANIMÁDEVOS

A LISTA ESTÁ XA ABERTA ATA O XOVES 15.
Os que queiran ir as covas terán que anotarse antes do venres día 9.




spacer

CAMBIO DE DATA "Magosto nas terras do Bolo (17 e 18 de novembro)

Posto que as previsións meteorolóxicas para esta fin de semana van a peor e os compromisos do club no Bolo -Concello, pavillón e hospedaxe- non teñen inconvenientes co cambio de data, decidimos e vos informamos que a celebración do magosto se traslada para a seguinte fin de semana.
 
NOVA DATA: 17 e 18 DE NOVEMBRO
 
Chamaremos por teléfono a todos os que estades anotados e vos pediremos desculpas por este cambio e, que salvo forza maior, mantengamos todos a ilusión e compromiso por acudir a esta actividade que preparamos con tanta ansia.
 
AS CASTAÑAS NON PODEN QUEDAR SEN COMER
E NÓS NON PODEMOS QUEDAR SEN MAGOSTO
 

spacer

Espeleoloxía: Cova da Trapa

DEPORTE, FORMACIÓN E DIVERSIÓN
 
PRONTO VOLTAREMOS!!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
spacer

"As nosas fotos"

 
Autora: Gema Ruibal
 
 
spacer

"As nosas fotos"



Autor: Rafael Suárez
 
 
spacer

Fotografías "Ruta sendeirista e II Concurso fotográfico"

Pasear as rutas que nos ofrece a Ribeira Sacra é sempre un privilexio. Así o comprobamos, o pasado domingo, nesta dobre actividade que fixo as delicias tanto de andaríns coma de fotógrafos.
 

Moitas grazas ao Vogal de Sendeirismo, José Mª Grova, e ao noso socio José Antonio Fernández por exercer de guías no grupo de andaríns. Tamén ao  socio Carlos Carrera e a nosa Vogal de Comunicación, Susana Serantes,  por  abrir camiño aos fotógrafos.
Grazas especiais a Esperanza e  Chelo do  colectivo "Móvete por Nogueira" que nos deron toda a información que precisamos para que esta actividade fose o máis completiña posible e polo gran traballo de dinamización que neste Concello están a realizar.
 

Aquí vos quedan imaxes do que deu de sí esta xornada. As fotos son de Carlos Carrera. 

VER ÁLBUM
 
Coma sempre moitísimas grazas a todos por participar, de xeito especial  aos fotógrafos que nos permiten celebrar esta  II edición do concurso fotográfico. ¡¡¡A todos eles moita sorte!!!
(Lembrade que o prazo para enviar as fotos  do concurso remata o próximo domingo 4 de novembro).
 


 
 

 

 
spacer