Primeira saída do Arco Galaico- Luso: Entrimo- Santuario da Peneda (8 Febreiro)

Recordade que esta actividade está formada por diferentes etapas que iremos facendo ós pouquiños.  Xa vos podedes anotar!
 
Empezaremos a ruta sobre as 10:00 h. en Entrimo, 520 m. (Santa María a Real). Colleremos un camiño que nos baixa a unha ponte para cruzar a Corga Do Poleiro e  a Corga de Campelos, que nacen na faldra do teito Couto Alto, 1054 m, e á súa vez estes forman o río Agro que desemboca no Encoro de Lindoso. Continuando o camiño chegaremos ao lugar de Ferreiros 520 m; despois dun anaco camiñando, entraremos no Parque Natural de Baixa Limia - Serra do Xurés, seguindo o camiño chegaremos á aldea da Pereira, 700 m; continuamos subindo, ao chegar ao alto da Garita empezamos a baixar cara ao río Barcia ou Castro Laboreiro que fai fronteira entre España e Portugal e que xunto cos ríos Peneda, Vilameá e Salas desembocan no Encoro de Lindoso. Despois deste descenso, empezamos a subir por terras lusas, pasaremos polo pobo de Pousíos 740 m, e ao chegar ao outeiro desprazarémonos para facer o teito Agua Santa 1141 m. Se o tempo é bo podemos considerar as fantásticas formacións de granito. A continuación descenderemos en dirección ao Santuario da Peneda, onde  nos espera o autobús.
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.