ENTREGA TROFEOS 2018

spacer

FELICES FESTAS



Toda a familia de Trevinca vos desexa un bo Nadal

Foto: Francisco Alvarez Villar

spacer

ACTIVIDADES DOS NOSOS SOCIOS

Nesta ocasión vimos cunha reseña da actividade invernal feita o pasado día 10 de decembro polo noso socio Orlando Fandiño no Pirineo Aragonés.




Coa saída e chegada o refuxio de Goriz a 2.195m fixo unha travesía circular: os cumios do Monte Perdido 3.348m, Cilindro de Marboré 3.325m, Pico Marboré 3.251m e Pico Oriental de la Cascada 3.161m en 6h e 36 min.



Tivo un día soleado cunhas boas condicions da neve; pero cun forte e frío vento de compoñente noroeste. 
O chegar o cuarto cumio e tendo próximos outros tres tresmiles, decidiu dar por rematada a sua travesía o estar moi castigado pola continua exposición o vento.



Ainda así, está moi satisfeito pola actividade realizada e polo previlexio de poder contemplar as maxestuosas montañas, así como os fermosos e profundos vals dende os principais 
cumios.





spacer

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ENTREGA DE PREMIOS

 

O xurado xa se reuniu para seleccionar as mellores fotos das 72 que se presentaron nesta segunda edición do Concurso Fotográfico celebrado o pasado día 28 de outubro en Nogueira de Ramuín.





Como xa sabedes a entrega de premios e diplomas será o vindeiro venres día 21 na tradicional celebración de Nadal no auditorio dos Padres Capuchinos.
Ata entón non se desvelaran os gañadores deste concurso, mais namentres podedes desfrutar de todas as fotos presentadas e mesmo facer a vosa propia escolla desta II edición do Concurso Fotográfico:

Categoría Pedra

Categoría Outono

Categoría Libre



Tamén podedes ver no club una exposición dalgunhas fotos escollidas polo xurado.




Agardámosvos a todos o día 21 as 20:15 no auditorio dos Padres Capuchinos na rúa Vázquez Varela 15


 
spacer

REUNION INFORMATIVA PAIS (15 de decembro)


Este sábado pola tarde teremos unha reunión con todos os pais da sección infantil-xuvenil na que exporemos o proxecto que a nova Xunta Directiva está preparando para este grupo.
Queremos darlle unha nova orientación para que os pais teñades un papel moi importante e activo nas súas actividades.
A reunión comezará ás 6 da tarde. Necesitamos que acudades todos porque trataremos temas que precisan da vosa implicación, para seguir tendo unha sección importante e con futuro dentro do noso club.
SÁBADO  15 DECEMBRO 18:00
ESPERÁMOSVOS A TODOS

 
spacer

Belén de Cumes e Marcha do Pavo (16 de decembro)



Nesta edición imos quedar moi preto de Vigo para celebrar este tradicional acto de colocar un belén no cume. E imos facelo no querido, pero moi maltratado, monte Galiñeiro. Será como una especie de acto exculpatorioou de desagravio por todas as ameazas que o perseguen, sendo como é un espazo que moitos vigueses e xentes da contorna disfrutan constantemente, motivo polo cal aínda máis, debemos telo presente tanto para reivindicalo como para gozar del.

Para a colocación do belén iremos acompañados dos máis novos do club. Con eles faremos un tramo entre a base do Galiñeiro e o Arruídos, tamén coñecido como Loma del Zorro. Alí, infantís, xuvenís e adultos colocaremos o belén e cantaremos unhas panxoliñas; a continuación, iniciaremos dous percorridos distintos para xuntármonos de novo máis tarde, diante do tradicional cocido. Os peques irán cara á parroquia de Zamáns e os demais iniciarán dende ese punto a Marcha de Regulariedade, co fin de levar a casa un fermoso pavo.

Cada minuto sairá una parella, descendendo ata chegar ao cruce de pistas, desde onde subiremos o Botella. Pouco máis adiante, na Cova da Becha, teremos o segundo control. A continuación, de a pouco, camiñaremos polo GR-53 e GR58, pasando moi preto do Coto  Mediodía, e tras cruzar o lugar de Casal de Abaixo chegaremos ao Parque Forestal de Zamáns, terceiro control. Xa pasado o núcleo urbano, chegaremos aos muiños de Zamáns, bordearemos parte do encoro ata o muíño de Maquías e dende alí nos encamiñaremos, tras 14 km, ata o final da etapa na Pasaxe, na porta mesmo do restaurante onde celebraremos o terceiro, e moi importante, acto do día. Haberá sorteo da “pavita” e algunha cousiña máis para poñer remate ás actividades deportivas do ano.

ADULTOS: O domingo o bus sae as 8.30h da praza de España

INF-XUV: O domingo as 9h dende o Concheiro

NON FALTEDES A ESTA TRADICIONAL ACTIVIDADE

spacer

Almanaque escalada Trevinca

No 2019 Trevinca segue apoiando a escalada, nesta ocasión co “calendario del equipador”.  Todos os fondos que se recaden serán para reequipar ou arranxar vías de escalada na nosa comunidade.
 
Xa están á venda no Club por 3€. Un fermoso agasallo para o ano que está a piques de comezar.
 
¡APURADE.... Temos poucas unidades!
 
 
spacer

Comarca Vaqueira, Asturias (6 a 9 de decembro)

 

Durante os días da ponte de decembro imos gozar das fermosas paisaxes da Comarca Vaqueira en Asturias.

O xoves 6 de decembro, xa de camiño, pararemos nas Pontes de García Rodríguez e faremos un percorrido pola Fraga de Lostegal.


Durante esos días coñeceremos as "Hoces del Esva" considerado Patrimonio Natural e, tamén, percorreremos un anaco do camiño primitivo entre Tineo e Pola de Allende.



E para rematar a actividade, o domingo 9, pasearemos un sendeiro en Cabo de Busto pasando polo seu faro e admirando os seus acantilados para logo comer en Luarca antes de partir cara a Vigo.


Lembrade que nesta actividade temos un límite de 40 prazas.

Saímos día 6 ás 7,00h dende a  praza España.
Lembrade levar a mochila de ataque preparada.
Os de albergue tamén saco.


Máis información na circular deste mes ou chamando ao club


spacer

XORNADAS ELIMINACION DE ARCOLITOS

Maña de traballo solidario a de este pasado domingo nos montes de O Freixo, arrincando brotes de eucalipto. 



Preto de vinte socios do noso club participaron nesta labor e os veciños dá zona nos deron boas mostras de agradecemento.

A Directiva do club quere agradecer o esforzo dos socios que desinteresadamente colaboraron nesta xornada de recuperación  dunha zona pola que mesmo xa temos pasado nas nosas marchas co club. 









GRAZAS A TODOS


spacer