BANDEIRA VIAXEIRA #5


Nesta ocasión o cumio acadado foi o emblemático Naranjo de Bulnes ou o ben chamado "Picu Urriellu" cos seus 2.519m. 

Este cumio poderíase dicir que é un dos máis inaccesibles de todo o macizo de Picos de Europa; e de seguro das cimas máis simbólicas da escalada clásica de toda España. 

Os socios Mario Cuervo e Cristina Conde xunto co non socio Jose Juan Domínguez acadaron ata tres veces a cima! 

José Juan Domínguez, Mario Cuervo e Cristina Conde. 

O único modo de acceder o seu cumio é escalando polas súas icónicas vías de escalada de autoprotección.  Na primeira ocasión ascenderon pola vía "Cepeda" situada na cara Este. 

O segundo día treparon pola vía "Schulze" situada na cara Norte da parede.

Cristina Conde e Mario Cuervo.

E o derradeiro día ascenderon pola vía "Directa de los Martinez" que atópase na súa cara Sur. 

Mario Cuervo e Cristina Conde.


¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira  viaxeira!


#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 

Cumio do Picu Urriellu 2.519m.
A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.

spacer

RESUMO: CONTINUACIÓN CAMIÑO DOS FAROS


ETAPA: FISTERRA-CEE

Excelente idea  a de dar continuidade ás etapas anteriores e seguir camiñado a carón da costa. 

Este domingo día sete camiñamos entre o porto  Fisterra e Cee nun percorrido de 22km con constantes miradoiros cara o mar lo de  pasar por pequenas aldeas. A Punta de Sardiñeiro e Estorde, a contorna da Capela de San Roque de Redonda, onde xantamos, así como  os cabos Lozán, Nasa e a Punta do Cabalo encheron o noso  percorrido de gran beleza.

Agradecementos a Enrique Toba e ao vocal Tomás campo que conxuntaron este percorrido.



spacer

CURSOS EGAM PARA INFANTIL-XUVENIS

Están abertas as plazas para dous cursos específicos para os máis pequenos:

Curso Infantil de Montañismo Estival (N1)
13 e 14 de xullo
Nenas en nenos entre 9 e 12 anos

Curso Infantil de Montanismo en Terreo Escapado (N2)
24 e 25 de agosto
Nenos e nenas entre 12 e 15 anos.



Lembrade que todos estos cursos han de ser tramitados polo club
spacer

DESCENSO DE BARRANCOS FGM

Actividade para federados FEDME-FGM que se celebrará el domingo 21 de xullo




Anotarse chamando o club
spacer

Resumen Inf-Juv: Campamento S. Bernardo

Casi 50 socios de las secciones Infantil y Juvenil participamos en la ruta-travesía del monte Pindo, disfrutando de las vistas espectaculares desde la cima, a 627 m de altura. 

Al día siguiente, escalada en rocódromo y paseo hasta la “Fervenza do Ézaro”.



¡Pasamos un fin de semana espectacular! Gracias a todos por hacer esto posible



spacer

Resumen: III Trofeo Corpus Cidade de Ourense

Este pasado domingo día 30 se celebró, organizado por el Club Asesou, el III Trofeo Corpus Cidade de Ourense. 

Al mismo acudió nuestra socia Erea Romero García que consiguió un merecidísimo segundo puesto en la categoría Benxamín, que resultó muy disputada. Desde aquí nuestras FELICIDADES a Erea y le transmitimos  ánimo a seguir entrenado y participando en estas pruebas. 



Un aplauso de todos nuestros escalad@res y también felicitar al club organizador por su buen trabajo.




spacer

CONTINUACIÓN DO CAMIÑO DOS FAROS


RUTA DOS FAROS: FISTERRA-CEE
7 de xullo de 2019

A lista de inscrición abrirase o martes 25 de xuño, e imos pechala o mércores 3 de xullo.





O Camiño dos Faros, a aventura de longo percorrido que nos ocupou no verán dos pasados tres anos, deixounos os pés cheos de area, as pernas feridas dos toxos, os ombreiros queimados polo sol e a cabeza chea de infinitos atardeceres. O Camiño dos Faros deixounos un salgado sabor na boca, mestura de percebe e longueirón, de abrupto cantil e tendida praia.

Despois da cea na súa etapa final, no setembro pasado, naquel furancho de Castromiñán, foron centos de socios os que se acercaron ata a mesa da directiva, implorando, case que chorando, pedindo que non pararan as cantigas, que non se acabara o licor café”, que non parara a andaina, que continuaramos a marcha cara ao Pindo, cara ao “Olimpo Celta” e máis alá.

Pois ben, o club nunca defrauda aos seus fieis socios, e nesta fin de semana comezamos a segunda parte ou continuación do Camiño dos Faros. Este novo camiño aínda está a coller forma e será o que vós queirades. Existen varios roteiros que seguen esa dirección cara ao sur dende a fin do mundo. Un dos que está a coller certa relevancia é o coñecido coma A Senda das Estrelas, o que vén sendo o Camiño a Fisterra dende Santiago na súa alternativa máis meridional, pasando por terras de Noia e Muros.

Arrancamos este novo periplo co percorrido entre Fisterra e Cee, no fondo da ría de Corcubión. A ruta atravesa terreos moitas veces “periurbanos”, pero sempre cheos de encanto e historia. A marcha comezará no porto de Fisterra, para percorrer logo o eterno areal de Langosteira, e despois a enseada de Sardiñeiro, ata a praia e aldea de Estorde.

Logo, en atrevido deseño, onde os folletos e guías de viaxe parece que perderon algunha folla, percorreremos a península do Alto da Vela e Monte Quenxe, todo o pegados á costa que poidamos, por riba das furnas, calas e puntas que debuxan este singular recuncho: Punta de Estorde, os cabos Louzán, Nasa, e Cee, ata a Punta Cabalo. No final desde circuíto espéranos a fortaleza defensiva do Castelo do Cardeal, sentinela pétrea da ría de Corcubión.

No final da marcha volve a tranquilidade, as aldeas e as sendas costeiras, xa preto de Quenxe, a vila de Corcubión e no final Cee, pobo que abraza a súa praia coma se fose un anfiteatro no fondo da ría.

Coma sempre teredes máis información chamando ao club.

Comezaremos unha nova aventura. Non a perdas!!



spacer

Serra Amarela Sky Marathon: Nosos socios


Francisco Rodríguez Silva (Kiko) primeiro na proba Serra Amarela Sky Marathon

O noso socio Francisco Rodíguez Silva, máis coñecido como Kiko, natural da Guardaparticipou o 16 de xuño na proba Serra Amarela Sky Marathon representando o noso club Peña Trevinca



Quedou primeiro na categoría de veteranos maiores de 50 anos, cun tempo de 7 horas e 13 minutos. Trátase dunha proba dura, sobre unha distancia de 48 quilómetros, con 2.800 metros de desnivel positivo e 5.600 metros de desnivel acumulado. 



Unha proba con saída e chegada no lugar de Entre Ambos os Ríos, en Portugal. Percorrido que transcorre polo Parque Nacional de Peneda Gerês, único parque nacional de Portugal.

¡¡¡Noraboa Kiko!!!

spacer

II Open de Marcha Nórdica en Ourense


Un ano máis o club Asesou de Ourense organizou unha proba de Marcha Nórdica, o pasado domingo día 16 de xuño: o II OPEN DE MARCHA NÓRDICA CAMPUS DA AUGA – CIDADE DE OURENSE, coa participación dun bo número de marchadores. A organización proporcionaba bastóns de marcha nórdica a quen os precisase.



A proba desenvolveuse sobre o mesmo circuíto da edición anterior, nunha mañá soleada e con boa temperatura, sobre un percorrido circular, sinalizado e coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil. Comezaba con dúas voltas á pista de atletismo das instalacións do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, logo polas beiras do río Loina e río Miño para regresar ao punto de partida e dar unha última volta á pista de atletismo onde estaba instalada a meta.


Houbo participación de varios clubs galegos e tamén particulares non adscritos en ningún grupo deportivo. Ao igual que a proba do pasado ano, estaba aberta ao público en xeral, tanto federados coma non federados, tendo polo tanto un carácter divulgativo da actividade, de tal xeito que por parte da organización déronse instrucións e consellos para corrixir e mellorar a técnica de marcha nórdica, pero en ningún caso se sancionaban as posibles imperfeccións. Consecuentemente non se consideraron as categorías que sinala a normativa da Federación e no seu lugar establecéronse dúas categorías únicas: mulleres e homes.

E unha vez máis, como xa vén sendo habitual, participou o noso socio Segundo González Parente representando ao noso club, que foi distinguido por ser o máis veterano dos participantes.



spacer

XLV MARCHA INTERPROVINCIAL

PICOS DE EUROPA
27 e 28  de Xullo




Mañá xoves día 20 abrimos a inscrición para participar na XLV MARCHA INTERPROVINCIAL por Picos de Europa que cada ano organizan os nosos amigos da Deportiva de Torrelavega.


Teremos que saír na tarde do venres 26 para estar na madrugada do sábado na localidade cántabra de Panes e integrarnos ao grupo da S.D.T. 

As actividades terán lugar no Valle de Valdeón, e como acostuman a facer nos últimos anos, haberá  dous grupos en función da dificultade e as condicións físicas de cada un.

O prazo permanecera aberto dende o 20 de xuño ata o 25 de xullo, sempre e cando non cubran con anterioridade as 110 prazas dispoñibles e so atenderán as inscricións realizadas a través do club para os federados de Peña Trevinca, xa que é obrigatorio ter licenza.

Apuntarvos canto antes para organizarnos e facer a reserva tamén da durmida do venres 26.




MÁIS INFO CHAMANDO AO CLUB

spacer

RESUMO: SERRA DA BARBANZA

Estupenda xornada sendeirista pola Serra do Barbanza onde, coa meteoroloxía extraordianaria, disfutamos dunhas vistas fantásticas da Ría de Arousa.


Aquí vos deixamos unha mostra da nosa subida á Curotiña e imaxes, entre outras, dende o mirador de valle Inclán.




spacer

FOTOS PREMIADAS: III CONCURSO FOTOGRÁFICO


O pasado venres 14 de xuño fixemos a entrega dos premios aos gañadores do III Concurso Fotográfico realizado nas nosas Illas Cíes.

Xurado: Paco Álvarez, Martín García e Víctor Vazquez e a dereita os gañadores: Mª Jose García Castro e Luís Álvarez Real.

Por segundo ano consecutivo, o primeiro premio foi outorgado ao socio Luís Álvarez Real, motivo polo que queremos destacar o seu arte e profesionalidade, máis cando nesta edición o número de participantes aumentou e se presentaron nas distintas categorías máis de oitenta fotos. 



Moitas felicidades tamén a outra gañadora, a Mª José García Castro.



Agradecemento especial aos membros do xurado Paco Álvarez, Martín García e Víctor Vazquez. 

Todo o traballo da realización deste concurso correu da man dos socios Suana Serantes e Carlos Carrera a quen agradecemos moito a súa labor nestes tres anos e animamos a seguir medrando na realización.


E aquí van as fotos gañadoras.....


Categoría Fauna: Mª José García Castro

Categoría Flora: Luis Álvarez Real

Categoría Auga e premio a Mellor Fotografía: Luis Álvarez Real

TODAS AS FOTOGRAFÍAS PRESENTADAS:
CATEGORÍA AUGA
CATEGORÍA FAUNA
CATEGORÍA FLORA

 ¡MOITAS GRAZAS A TODOS!

spacer

CAMPAMENTO SAN BERNARDO-MEMORIAL PEPIÑO COSTAS


Xa está aberta, para as nosas seccións infantil e xuvenil, esta mágnífica actividade que cada ano pon o peche, ata setembro, ás actividades dos nosos menores.

Nesta edición temos dous grandes atractivos aos que non podedes faltar. 



Para o sábado subiremos ao mítico Monte Pindo, un dos lugares máis máxicos da nosa costa e “Olimpo Sagrado dos Celtas”, e visitaremos tamén e a fermosa fervenza do Ézaro, que forma o rio Xallas na súa desembocadura no mar.

Logo nos trasladaremos as instalación deportivas de Naturmaz (Parque Aventura de Mazaricos)  onde pasaremos a noite para o domingo navegar en kayak polo encoro de A Fervenza, escalar no seu rocódromo, ou camiñar pola súa fermosa contorna.

Apuntarvos canto antes, pois necesitamos ir confirmando as prazas no albergue, e será una actividade aberta a cal poderán acudir non socios.

Maís información chamando ao club


spacer

INFO: SERRA DA BARBANZA


Domingo día 16


Saímos ás 8:00 dende a Praza de España.
Vir coa mochila xa preparada co preciso para comezar a camiñar.
Quen queira pode levar un bañador pois teremos opción de bañarnos na praia de Vilar.


spacer

VENRES NO LOCAL: INFO AOSTA + PREMIOS


Venres, 14 de xuño ás 20.30h.


Entrega de premios do III Concurso fotográfico

O xurado do III concurso de fotografía, que se celebrou o pasado 12 de maio nas Illas Cíes, xa emitiu o seu veredicto e para coñecelo teremos que achegarnos este venres ata o local social. 

Alí coñeceremos aos gañadores e celebraremos a entrega de premios.  Nesta edición tivo como marco incomparable as nosas illas Cíes. O xurado tivo moito traballovexamos o resultado.


E despois dos premios....


Aosta: Reunión sobre o programa e información de interese

Xa queda pouco para o campamento de verán deste 2019...Nesta xuntanza trataremos os temas das rutas. Case todos os días haberá a posibilidade de escoller entre dous percorridos, con cumes como Mont Creya, Mont Colmet e Tête Blanche de By de máis de 3.000 metros, Gran Paradiso de 4.061 metros e algún máis que saberedes nesta reunión. Desta maneira poderemos ter un pouco máis claro cal dos dous percorridos elixir cada día. 

Daremos o horario definitivo do do autobús e do avión, como se vai xestionar todo o relacionado coas maletas e información do material necesario para realizar algún cume. 



Por todo isto e algunha dúbida que poida xurdir, faremos unha reunión informativa na que é moi importante a vosa asistencia.

¡ NON FALTEDES Á CITA!



spacer

SERRA DO BANZANZA



XA ESTÁ ABERTA A LISTA

Este domingo día 16 nos desprazaremos ata a fermosa Poba do Caramiñal para, dende Aldeavella, comezar a camiñar á beira do rio Pedras. 




Un fermoso percorrido que nos levará polo miradoiro da Curotiña para contemplar una espectacular vista da Ría de Arousa.



Esta actividade estaba previsto facela o pasado día 9, tal como aparecía na portada da circular deste mes, pero vímonos  obrigados a desprazala para o vindeiro domingo, polo cal, vos convidamos a que nos acompañedes nesta ruta de 16km. 



spacer

RESUMO: XXXII MARCHA CON VIVAC


Excelente esta XXXII edición da Marcha con vivac da FGM que organizaron os amigos do AVIVA SPORT CLUB.

Compoñentes de cinco clubs, con 22 participantes, disfrutamos dun fermoso percorrido entre Vilameá (Lobios) e Cabril (Portugal).



Estivemos en todo momento moi ben acompañados de amigos portugueses que colaboraron coa organización e mesmo nos ofreceron unha mágnifica cea na cabana, refuxio de pastores, ao pe da cal montamos o vivac.



Moi boa meteoroloxía que nos axudou a camiñar por unha serra de extraordinaria beleza unha paixase moi peculiar.



Dende aquí moitas grazas a organización e a nosa noraboa tamén a todos os participantes pola execente camaradería.




spacer