PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESIA E RAQUETAS FGM


Os nosos amigos do Club Montañeiros Celtas organizan esta actividade federativa para o sábado 2 de febreiro.



Parece que chega a neve e con ela este tipo de actividades, a participar pois....

OBRIGATORIA A LICENZA DESTE ANO E OS NOSOS FEDERADOS DEBEDES CHAMAR AO NOSO CLUB PARA APUNTARSE E CUBRIR A FICHA DE INSCRIPCIÓN.






spacer

Polos sendeiros de Allariz (20 de xaneiro de 2019)


Excelente xornada de sendeirismo por Allariz.... 





Un percorrido moi fermoso, traballado polos nosos vocais,  e cheo de sorpresas tanto naturais, paisaxísticas ou culturais onde a climatoloxía axudou, pois apenas  dous chaparróns en todo o día que para nada incidiron negativamente na andaina.  

Quedamos con gañas de mais....ata o día 10 de febreiro pola Cubela...


spacer

NOVO BLOG

¡Neste 75 aniversario arrincamos cun novo blog!




Polo de agora estamos en obras, nestos días esperamos ter todo rematado para dar comezo a este novo ano, no cal teremos moitas sorpresas....


spacer

CURSO DE MONTAÑA INVERNAL


Un ano máis, dado que sodes moitos os que solicitades este curso e tamén pola necesidade de ter a formación precisa para moitas das actividades que desenvolve o club, temos solicitado xa  este curso á FGM- EGAM, específico para socios federados do noso club. 



O número de prazas é limitado, en principio a 8 participantes e, de non poder realizarse na data sinalada, pasariámolo posiblemente para o 23/24 do mesmo mes. 

Máis información sobre prezos ou subvencións chamando ao club. A inscrición, neste caso, únicamente terá validez se se fai a través do club, ben chamando por teléfono ou de forma presencial.



A LISTA ESTARÁ ABERTA DENDE HOXE ATA O XOVES 31 ÁS 21,00h.

spacer

ESCALADA XUVENIL : DE FEBREIRO A ABRIL

Entre os meses de febrero a abril iranse facendo cursos e xornadas de escalada no rocódromo da UVigo, para idades entre 12 e 16 anos, tanto para socios do club como para fillos da Comunidade Universitaria. 





A partir do 15 de xaneiro abriremos a lista de inscrición ata completar prazas. 
Estade atentos porque serán limitadas.


spacer

POLOS SENDEIROS DE ALLARIZ

Saída as 8.00h. dende praza España

Despois destas festas, toca de novo pisar as terras de Allariz. Un concello cheo de historia e personaxes ilustres como  Marcial  Suárez, escritor e dramaturgo, ou Antonio  Remesal, historiador. 


Allariz está rodeada de pequenas montañas, entre as que destaca o cume Penamá, que se eleva cos seus 927m, dominando todo o val e proporcionando excelentes  vistas. Outro dos grandes protagonistas deste concello é, sen dúbida, o río Arnoia. Nace no  concello de Vilar de Barrio, nas ladeiras do teito de San  Mamede, mide 87 km e desemboca no río Miño. Na nosa ruta, á parte de camiñar, visitaremos atractivos lugares, cheos de historia, tradición e lenda como o asentamento castrexo de  Armeá, descuberto casualmente por Manuel Losada, quen buscando uns marcos para a curta de carballos, atopou unhas escaleiras de forma casual. Hoxe é un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de Galicia.




A ruta circular de 20 km e dificultade baixa iníciase na ponte, ao pé do río Arnoia.  Despois de cruzar un tramo urbano chégase a  Roiriz de Abaixo e  Roiriz de Arriba; continuando por estes bonitos camiños pásase polas aldeas de Coira e Folgoso, preto do monte do Penedo, 669 m;  proseguindo a ruta chégase á aldea do Souto, curioso lugar cunha pequena  praciña e unha capela encostada ás casas. Chegaremos despois a  Laioso, e máis tarde  a  Armeá, onde se atopa un conxunto rupestre  no monte  do  Señorío e a poucos metros o monte  Gándara, 554  m. Proseguindo a nosa marcha chegaremos ao castro de  Armeá no que se poden ver muíños manuais e outras curiosidades. A continuación pasaremos por unha pedra con forma de orella, onde había un carballo de 9 m de diámetro. Seguindo a ruta por camiños cheos de historia chégase á basílica da Asunción, que entraremos a visitar; unha vez dentro,  descenderemos polas escaleiras e facendo uso do frontal entraremos ata O Forno, onde a escuridade e o frío que transmiten as paredes de granito crean unha atmosfera rodeada  dun  halo de misterio. Visto este lugar retómase a ruta cara a Augas Santas por un camiño empedrado, ata chegar á  igrexa de Santa  Mariña, de estilo románico. Deixando atrás estes conxuntos históricos, seguimos a nosa andaina atravesando por bosques e aldeas ata atopar o río Arnoia e seguindo pola súa marxe, chegar finalmente ao autobús.  





¡¡¡ANÍMATE E PARTICIPA NA PRIMEIRA RUTA DO 2018!!!


spacer

REUNIÓN INFORMATIVA: Verán no Val de Aosta (Italia)


Neste 2019 cumprimos 75 anos e dentro das moitas actividades que imos ter para celebralo, unha delas é facer o noso campamento de verán no estranxeiro. 



No val de Aosta atópanse as montañas máis altas de Europa: o Gran Paraíso (4061 m), o Mont Blanc (4810 m), o Cervino (4478 m) e o Monte Rosa (4638 m). O val tamén limita cos países veciños: Francia e Suíza.O espléndido escenario natural é tipicamente alpino: campos cultivados nos vales e logo, a medida que se ascende, comezan os grandes pastos, as forestas, os glaciares, os lagos alpinos e as simas de rocha.

As datas serán dende o 5 ao 14 de agosto. Haberá dous xeitos de facer a viaxe. É importante que poidamos ter xa unha idea do número de socios interesados en ir, por iso é preciso que vos pasemos canto antes a información necesaria. Con tal motivo faremos unha REUNIÓN INFORMATIVA o venres día 11 de xaneiro ás 20:30h.

Agardamos poder darvos xa datos concretos sobre a viaxe e a estancia.
 Falaremos dos prezos e prazos ademais da forma de viaxe que faría cada un. Queda tempo ata agosto pero necesitámolo, e pensamos que vós tamén.

SE ESTADES INTERESADOS NON FALTEDES Á CITA O VENRES 11 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS



spacer

CURSO DE INICIACIÓN DE ESCALADA EN ROCÓDROMO


Quedan dúas plazas para este curso que comeza o vindeiro sábado día 12 e o seguinte día 19.

Son xornadas de oito horas cada día e terá lugar no rocódromo da UVigo.



Máis información chamando ao 660 69 35 35 o ao club en horario de 19,00h a 21,30h.


spacer

GAÑADORES II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA


Como xa sabedes o pasado día 21 de decembro coñecéronse os gañadores do II Concurso fotográfico da  saída celebrada o 28 de Outubro en Nogueira de Ramuín.


Lembrar aos gañadores que tendes ata o 21/12/19 para disfrutar do voso agasallo:


-Mellor fotografía: Luis Alvarez Real (Premio casa rural)



-Mellor fotografía categoría Pedra: Alejandro Carrera Martinez (Premio 2 prazas no bus saída domingo)


-Mellor fotografía categoría Outono: Mª Aranguren Gassis (Premio 2 prazas no bus saída domingo)


-Mellor fotografía categoría Libre: Alejandro Carrera Martinez (premios non acumulativos "ver bases")




Xa está lista a exposición no clube con algunhas das fotos escollidas polo xurado; así como as gañadoras.





¡PARABENS OS GAÑADORES!



spacer

PRÓSPERO ANO 2019: NOVO ANO E NOVO RETO


O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia deséxalles a todos os seus socios e amigos un próspero ano 2019





Con esta mensaxe queremos comezar un reto no ano do 75º aniversario. 
O desafío é moi sinxelo: compartir co club todos os cumios aos que ascendades pola vosa conta. Non esquezades sacar unha foto do acontecemento coa bandeira, xa as podedes recoller no club.
A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste novo ano 2019. Pola nosa parte vós propoñemos os seguintes: Teide, Mulhacén, Almanzor, Aneto, Torre Cerredo e Peña Trevinca.

Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.

¿Canto de alto poderemos chegar?


spacer