COÑECENDO AS NOSAS ILLAS - ONS (Domingo 30 de maio)

Remataremos este mes de maio embarcando, nunca mellor dito, nunha viaxe moi especial. Despois de visitar Cíes hai dous anos, agora é a vez da illa de Ons, parte integrante tamén do Parque Nacional das Illas Atlánticas, na porta da ría de Pontevedra. O porto de saída será Bueu.


Coñeceremos esta illa,nda habitada, da man de guías profesionais xa que cómpre atender aa singular historia e cultura, ademais do marcado contraste entre as dúas vertentes, pois son paisaxes moi ben diferenciadas: a cara leste, máis suave e amable, e a cara oeste, máis abrupta e oceánica onde só algunhas especies son quen de se adaptar. Alí faremos varias rutas, tanto de mañá coma de tarde.



Para outra ocasión agárdannos as illas de Sálvora, Cortegada e todo un paseo pola ría de Arousa.  Así  daremos fin a estas excursións marítimas, coñecendo os segredos mellor gardados que agochan o conxunto das nosas illas e o entorno do Parque Nacional.

Coma outros anos, pídennos coa máxima anticipación o nº de asistentes, polo que abrimos a lista do martes 4 ao 25 de maio. Recordade que a saída está aberta tamén a amigos (socios do club ou non), e as prazas son limitadas. ¡Canto antes vos apuntedes moito mellor!

 

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.