6 e 8 XUÑO:
Queremos
recordarvos que aínda quedan prazas para a actividade do día 6 de xuño.
Sairemos ás 09:00h. en bus dende a
Praza
de España para
chegar ao concello da Guarda cara ás 10. Alí nos dividiremos en dous grupos, dependendo de se
prefiren facer ruta a pé ou en kaiak.
O primeiro grupo
camiñará dende as proximidades da praia de Fedorentos ata o comezo da praia de Camposancos, onde se reunirá co outro grupo
que virá
pola mesma praia camiñando en
sentido contrario.
Alí xuntaremos
os refugallos recollidos nos dous traxectos e
faremos un breve descanso para comer. Ás 14:00h.
os dous grupos volveránse dividir para
facer a ruta a pé cara a Santa Trega ou disfrutar do río Miño na ruta en
kaiak.
Unhas tres horas
máis tarde reunirémonos de novo no
autobús para regresar a Vigo.
Recordamos
aos participantes que vaian no kaiak que leven traxe de baño, roupa de recambio e
calzado que se poida mollar. Neopreno non fará falta e
os kaiaks levarán un pequeno barril
estanco para gardar as pertenzas de cada un.
A LISTA ESTÁ ABERTA ATA O DÍA 3 DE XUÑO! QUEDAN POUCAS PRAZAS!
Aquí tamén aproveito para recordar a actividade do día 8 de xuño onde se proxectará o
documental “O Mar do Fin do Mundo: Marcados para sobrevivir” ás 20:00h. no auditorio dos PP
Capuchinos (Vázquez Varela 15, Vigo).
Ese mesmo día o produtor do documental, Jose Irisarri, virá a contestar a todas as
vosas preguntas e dúbidas e falaranos do seu próximo proxecto,
sempre en prol da conservación das nosas rías.
Ademais
gozaremos da presenza de Rena Ortega, ilustradora mariña, que terá
un pequeño posto
de venda para quen desexe adquirir algunha das súas ilustracións e coñecer o seu
traballo.
Aquí vos deixo o cartel da actividade e vos invito a ollar a entrada anterior do blog onde falamos deste día
tan especial con máis de detalle.
VIDE COÑECER O NOSO MUNDO SUBMARINO!
Cristina Fernández González, vogal de Medioambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.