Queremos dar as grazas a tódalas persoas que participáchedes onte na limpeza de praias.
Dende a desembocadura do río Mougás no concello de Santa María de Oia ata as marismas preto da parroquia de Salcidos, 40 persoas andiveron durante toda a xornada apañando todo o lixo que poideron.
Adicamos
máis esforzo a primeira das praias, a desembocadura do Mougás, porque, o non
ser zona de praia turística, os concellos non derivan esforzos a recollida de
lixo nestas áreas. Só aquí nos atopamos todo o que podedes observar na
fotografía, a maioría plásticos, pero tamén algún vidrio, textiles, e ata rodas.
Isto só deixa en evidencia que non está todo feito. A pesar de que a labor dos concellos cas brigadas de limpeza de praias na época estival é moi importante, quero recordar que o máis importante é tirar menos e levar a cabo unha boa xestión dos residuos.
Iso
sí, o traballo mereceu a pena o ver o resultado 😊
No
resto da xornada atopamos un pouco de todo, dende alfombras e colchóns ata
cordas, pasando por envases, colillas, vidrio, escombros, utensilios
hixiénicos, seguido de un longo etc.
Gustaríanos
agradecer a colaboración aos concellos de Santa María de Oia e A Guarda por
recoller e xestionar os refugallos apañados durante esta xornada.
Tamén
agradecer a Manuel por vir con nós e ilustrarnos coa súa sabiduría sobre a zona
(non vos perdades a súa web “El Naturalista cojo”) e a Kiko, socio do club, por colaborar persoalmente
en toda a organización da saída.
Tamén
dar os máis sinceiros agradecementos a Manuel de Tamuxe Kayaks por
colaborar con nós deixándonos os kaiaks a metade de prezo para que todos e
todas puidéramos desfrutar desos maravillosos 7km remontando o río Miño e o río
Tamuxe, unha ruta fermosísima.
Así mesmo, agradecer a Jose Irisarri e Rena Ortega por compartir con nós este día tan especial deixándonos moitas ganas de falar con eles mañá, día Mundial dos Océanos, ás 8pm no auditorio dos PP Capuchinos. Cita que temos gardada para asistir a proxección do documental “O Mar do fin do mundo: Marcados para sobrevivir”. Deixo aquí a noticia que contén o trailer porque non ten perda.
Vos deixo AQUÍ o link cas fotografías que sacamos durante a saída do domingo.
Moitísimas
grazas a todos por participar!
Cristina Fernández González, vogal de Medioambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.