Cun fermoso percorrido circular por bosques autóctonos reiniciamos as nosas actividades sendeiristas o pasado domingo día 9.
Afortunadamente non se produciron as
previsións “explosivas” cas que nos
pretendían asustar os días previos na TV e, con apenas algo de choiva na
primeira hora, transcorreu unha xornada excelente entre Os Peares e A Peroxa
para logo volver de novo a Os Peares tras preto de case 25 km.
Tampouco supuxo un inconvinte o ter que manter os protocolos covid e
voltamos todos moi satisfeitos deste reencontro que se nos facía xa moi
necesario.
Deixámosvos algunha imaxes desta xornada por terras ourensáns e convidámosvos a apuntarvos para o seguinte o día 23.
¡Moitas grazas por participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.