Domingo 23 de maio de 2021
Foi extraordinaria
esta ruta por dou motivos principais, e
que, cunha xornada primaveral fabulosa puidemos gozala na compañía dos amigos de DISCAMINO. Por primeira vez
acudimos na súa compañía a camiñar e disfrutar da natureza comprobando sobre o
terreo como se moven e o esforzo que fan para ofrecer un día distinto e feliz a
persoas que de xeito individual o terían moi complicado de facer.
No medio dunha camaradaría excelente, o primeiro tramo ata o cume do San Nomedio foi algo custoso pola subidas pero con algo de esforzo físico foise levando. Máis complicado resultou o tramo final a carón do rio Miño cando as dificultades do terreo por onde circula o sendeiro ofreceu algunha complicación “extra”, pero aínda así, con gran actitude por todos superáronse os atrancos.
Quedounos unha
excelente sensación e no ánimo está en que
o imos repetir noutras actividades.
Aproveitamos para FELICITAR a todos os participantes pola solidariedade
demostrada e aos membros desta incríbel ASOCIACIÓN HUMANITARIA e a Javier Pitillas, “Alma promotora” da
mesma, unha forte aperta e Felicitación dos socios do Club Peña Trevinca
Montañeiros de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.