RUTA DOS FRADES: As Neves (23 de maio)


Esperemos que desta volta poidamos patear esta ruta, que foi suspendida polo coronavirus hai uns meses.Como se anunciaba na circular do mes de outubro, o roteiro é lineal, a súa dificultade baixa e a lonxitude 21 km.

Nesta ruta iremos acompañados dos amigos de DISCAMINO, cos que pasaremos unha excelente xornada. NOTICIA DIARIO METROPOLITANO

Iníciase na aldea da Pena pertencente ás Neves. Despois de percorrer un tramo de camiño chégase a un cruceiro onde se empeza a ascensión ao San Nomedio, desde o cal se poden contemplar as vistas do val da comarca do Condado e o veciño país portugués. Logo, empézase o descenso pola lomba ata chegar á parte baixa dos campos e ríos, pasando polas aldeas de Padrenda, Santiago de Ribarteme, As  Barreiras, A Ponte e A Costa ata chegar á capela de San Manuel, onde comeza o Roteiro dos Pescadores que percorre a marxe do río Miño.

Todo este trazado está incluído na Rede Natura 2000, con amplos valores naturais. Ao  lado do río pódense ver as  garitas do estraperlo, o forno de queimar o cal e as  pesqueiras para a captura da lamprea. Continuando o roteiro chégase á capela de Santa Mariña finalizando a ruta na área recreativa.



Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.