XORNADAS DE INICIACIÓN AO GPS

A LISTA PARA APUNTARSE A ESTAS XORNADAS XA ESTÁ ABERTA
¡¡¡AS PLAZAS SON LIMITADAS!!!
 
GPS, Satélite, Track, Waypoint, Mapsource, Wikiloc, OruxMaps, Topohispania... son algunhas palabrexas que cada vez soan máis nas nosas conversacións. Sodes moitos os que xa estades familiarizados co uso do GPS. Outros estades intrigados co seu funcionamento; tédelo gardado no caixón ou simplemente estades pensado en mercalo. Sobre todo os máis desesperados, tedes agora a oportunidade de coñecer un mundo apaixonante.
 


O mundo do GPS e os programas topográficos é moito máis que colgar una maquiniña do pescozo e botarse a andar. Se queredes gozar del, ou que vos quite dun apuro hai que dominar o aparello (e non ao revés). Pode ser unha estupenda ferramenta, unha máis, que nos axude a programar rutas, acompañarnos nelas, mellor rememoralas despois, e sobre todo compartilas cos colegas.

No club hai tempo que queriamos adicar unhas xornadas á divulgación desta tecnoloxía, dende, iso si, as súas nocións básicas e fundamentais, sen maiores pretensións, pois temos claro o obxectivo: non deixar que o GPS nos escravice e que xa non saibamos camiñar polo monte sen apartar a vista del. Usalo como compañeiro fiel, pero seguir a gozar do monte tanto tempo como nos sexa posible, como cando non usabamos un GPS.  
 


Comezaremos o martes 10 de maio co "Curso Teórico de introducción ao GPS e orientación", impartido por Xosé Manuel Pérez Prego, Técnico Deportivo de Alta Montaña, TD3. Despois desta introducción continuaremos, nas tardes dos mércores das semanas sucesivas, con sesións teórias e prácticas máis específicas.
(Tomás Campo, Vocal de montaña e coordinador destas xornadas)
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.