CONCURSOS PARA SOCIOS ADULTOS

3ª CATEGORIA: 15 MONTES de MÁIS DE 600m e 2 de MÁIS de 700m (1 ano)
2ª CATEGORIA: 15 MONTES de MÁIS DE 800m e 3 de MÁIS de 900m (1 ano)
1ª CATEGORIA: 20 MONTES de MÁIS DE 800m e 4 de MÁIS de 1000m (1 ano)
PREMIO EN CADA CATEGORÍA a elixir : TROFEO OU DIPLOMA.

* CONCURSO DE PARELLAS DE MONTES: a elixir 15 PARELLAS de montes da lista proposta. Tamén terán validez 3 parellas, como máximo, das propostas nas actividades organizadas polo club. Esta opción deberase comunicar ao vocal responsable dos concursos facéndoo constar no parte.
PRAZO: 1 ANO. PREMIO: TROFEO.

* CONCURSO DE TRAVESÍAS DE MONTAÑA: a elixir 15 TRAVESÍAS da lista de 30 propostas. Tamén terán validez 3 travesías, como máximo, das propostas nas actividades organizadas polo club. Esta opción deberase comunicar ao vocal responsable dos concursos facéndoo constar no parte. 
PRAZO: 1 ANO. PREMIO: TROFEO.





* CONCURSO CENTENARIO: 100 MONTES de máis de 500m. Poderán realizalo aqueles socios que realicen sucesivamente as categorías 3ª, 2ª e 1ª e os concursos de Parellas e Travesías.  
PRAZO: 2 ANOS MÍNIMO, 4 ANOS MÁXIMO. PREMIO: 1ª VEZ TROFEO. VECES SUCESIVAS: DIPLOMA.
- Só será válido un cume por día, non podendo facer o mesmo día ningunha actividade para calquera outro concurso. Os montes nunca serán repetidos.
- Este concurso poderase repetir as veces que se queira.

* CONCURSO DE CAMPAMENTOS: 12 CAMPAMENTOS en montes de máis de 500m, 2 CAMPAMENTOS en montes de máis de 1000m e 20 CUMES de máis de 500m.
PRAZO MÁXIMO: 2 ANOS . PREMIO: TROFEO.
- Consiste en pasar a noite acampado nas proximidades do monte realizado previamente, podendo ao día seguinte ascender outro cume próximo ( non vale o mesmo) acumulable para completar os 20 cumes do concurso.

* MEMORIAL ANGEL VILLAVERDE: A elixir 25 CUMES da lista proposta. Só será válido un por día.
PRAZO: 2 ANOS MÁXIMO. PREMIO: TROFEO (Hórreo de prata ou similar).

* CONCURSO SUPER CENTENARIO: 100 montes de máis de 1000m.
PRAZO MÍNIMO 3 ANOS e MÁXIMO 5 ANOS. PREMIO 1ª VEZ TROFEO, SEGUINTES VECES DIPLOMA.
- Poderase realizar unha vez acabados todos os anteriores.
- Este concurso poderase repetir as veces que se queira.

*CONCURSO DE VETERANOS: 15 PARELLAS, 8 TRAVESÍAS, 8 CAMPAMENTOS en montes de máis 600m, 20 CUMES de máis de 600m, 5 CUMES de máis 1000m, e 3 de máis de 2000m. 
PRAZO: 2 ANOS. PREMIO: TROFEO.
- Poderán realizar este concurso todos os socios que completen sucesivamente os anteriores, sendo este o final do ciclo e resumo deles.

OUTROS CONCURSOS E NORMAS ESPECÍFICAS PROPIAS

*CONCURSO TEITOS DE ESPAÑA: 50 CUMES. PRAZO ILIMITADO
PREMIO a elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Poderán participar todos os socios maiores de 15 anos e unicamente basta con ter realizadas 3ª, 2ª e 1ª categoría, facendo soamente un cume por día, non podendo realizar actividade para outro concurso nese mesmo día.
- Este concurso está baseado no libro de “Os Teitos de España” de José Martínez Hernández (ed. Desnivel)
- No caso de que un monte sirva de teito a dúas provincias, fixouse un monte alternativo a realizar neste concurso, non sendo válido o mesmo para ambas.

*CONCURSO DE PARTICIPACIÓN: a única condición é a participación nas actividades que realiza o club nas modalidades de Sendeirismo e Montañismo. 
PRAZO ANUAL. PREMIO a elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Consiste en participar en, polo menos, todas menos unha das actividades dun día que organiza o club durante o período de concursos ou, en todas menos unha, das actividades organizadas polo club de dous ou máis días.
- Os partes cubriraos o vocal responsable da actividade, a quen se lle comunicará a intención de realizar este concurso na 1ª saída que se participe.
- Poderase repetir as veces que se queira.

*CONCURSO DE SENDEIROS: sendeiros por etapas segundo lista. PRAZO: UN ANO
- Poderán participar calquera socio, tanto infantil como adulto, e consiste en percorrer as 25 etapas da lista de sendeiros proposta, tanto GR como PR.
- Unicamente será válida unha etapa por día e deberá especificarse o inicio e final de cada etapa no parte de actividades.
GR 58 S. dás Greas: 202km 10 etapas desde Vigo (Cotogrande) a Vigo (Aeroporto)
GR 94 S.Rural de Galicia: 138km 6 etapas Desde Vigo (A Madroa) a Santiago (catedral)
GR 53 Panorámico de Vigo: 58,2km 2 etapas.
PRG 164 Senda da Fraga do Barragán: 17,3 km 1 etapa
PRG 119 Ruta do Xabriña 17 km 1 etapa
PRG7 8 Leiro-Pena Corneira: 9km 1 etapa. Desde Leiro ata Lama (Pena Corneira)
PRG 67 Sendeiro Histórico de Mos: 17,8km 1 etapa.
PRG 132 Ruta dos Montes de San Cibrán 12,83 km 1 etapa
PRG86 Sendeiro Viñedos dá Ribeira Sacra: 13,3km 1etapa

PREMIOS ÁS ACTIVIDADES

Consideramos agrupar neste apartado a aqueles premios nos que non é preciso inscribirse, coma se se tratase dun concurso, e que son de aplicación xeral a todos os socios do club, incluídos os Infantís-Xuvenís.

ACUMULACIÓN DE METROS: acumulación de 150.000m. 250.000m, 500.000m. e 1.000.000m e así sucesivamente cada 500.000m.
PRAZO ILIMITADO. PREMIO A elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Estes concursos son válidos para todos os socios e consisten na acumulación de metros de todos os cumes ascendidos, co club ou de forma particular, ata chegar ás cifras indicadas, sen haber limitación de tempo en ningunha delas. Todos os que cheguen á cantidade de 150.000m poderán continuar: 250.000m, 500.000m, 1.000.000m e así sucesivamente cada 500.000m. De alcanzar dúas acumulacións nun ano, obterase unicamente trofeo pola maior.



Share:
spacer

3 comentarios:

  1. BOAS NOITES!!!! QUIXERA QUE ALGUÉN DA DIRECTIVA ME EXPLICASE QUE DIFERENZA HAI ENTRE FACER MONTES E PARTICIPAR NO CONCURSO DE METROS OU TEITOS .E FACER OS MESMOS MONTES PARA OUTRA CATEGORÍA.....XA QUE AS ESIXENCIAS VARÍAN...
    UN SAÚDO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bos días Chus!
      A persoa que está a cargo da normativa dos concursos está de vacacións. El é quen, sen dúbida, mellor poderá dar resposta á túa pregunta . Ímosche pedir un pouquiño de paciencia. Grazas. Unha aperta!

      Eliminar
  2. Buenas tardes Mª Jesús,

    Con respecto a la consulta que haces sobre las diferencias de unos concursos con respecto a otros, es que el de metros y techos no tienen fecha de límite de tiempo mientras que el resto de los concursos tienen que realizarse en un tiempo establecido en las bases de dicho concurso y son más específicos del Club

    Saludos, Lois Faro

    ResponderEliminar

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.