Belén de Cumes e Marcha do Pavo Domingo 21 de Decembro


Aquí podéis ver algunas fotos de la colocación del Belén junto a la Virgen de A Franqueira y de la posterior “marcha del pavo” que este año tuvo como flamantes ganadores a Pura y José Antonio. Como es costumbre, finalizamos la etapa con la degustación de un magnífico cocido del que dimos buena cuenta todos los participantes.

Agradecer a los organizadores Ángel y Pedro y a sus incansables ayudantes Requejo, Grova y Paco el esfuerzo realizado para que todos pudiésemos disfrutar de un día repleto de buenos momentos y muchas risas. (Este año se “estiraron” un poquito más y contrataron buen tiempo) Gracias!



Fotos Belén de Cumes e Marcha do Pavo 2014

Atopámonos diante da derradeira actividade deste ano 2014 que está a piques de rematar. Foi este un ano especial por diferentes motivos: o Club cumpriu o seu 70º aniversario e os que agora estamos a disfrutar das actividades e do bo ambiente que nelas se respira, temos que valorar e agradecer o traballo de tantas persoas que nos precederon, e que fixo posible que Peña Trevinca siga gozando na actualidade dunha excelente saúde.
Tamén neste ano 2014 rendemos unha sentida homenaxe a dous socios que nos deixaron e que no Club recordaremos con fondo sentimento, Abel Alonso e Pepiño Costas.
Rematamos un proceso electoral que transcorreu con total normalidade, no que a Presidencia que ostentaba Pedro Outón Nieto foi sustituída por Carlos Garrido Costas. Desexámoslle a Carlos e a toda a Xunta directiva moitos éxitos e ofrecémoslle a nosa colaboración.
Pois ben, toca agora levar adiante unha actividade que se vén celebrando no Club dende hai moitos anos e que sempre tivo unha moi boa acollida: o Belén de Cumes e a Marcha do Pavo. Trasladarémonos en autobús ata o Santuario da Franqueira. Todos xuntos iniciaremos a andaina ata o Chan do Marco e colocaremos o Belén o carón da imaxe da Virxe da Franqueira que, según contan, aparecéuselle neste lugar a uns paisanos que andaban por alí coidando do gando. Despois de botar uns grolos de viño doce, comer unhas lambetadas e adicarlle unhas panxoliñas ao noso Xesús, daremos a saída aos participantes na Marcha do Pavo. O primeiro control será no Chan de Rei. O segundo control, na Ermida do San Fins e a chegada, na Igrexa de Cabeiras onde nos estará agardando o autobús para levarnos ata Arbo e no restaurante “Os Pirus” poder disfrutar dun excelente cocido regado cun delicioso tinto do Condado.
Rematado o xantar, e despois de calculados os tempos das parellas participantes, farase entrega dun fermoso pavo á parella gañadora. Tamén haberá sorpresas agradables.
Podes anotarte formando parella con quen ti desexes. De non ser, así fariámolas no Club. Anímate a participar, de seguro que disfrutaremos todos dunha estupenda xornada montañeira, gastronómica e festiva que mellorará os lazos de unión que hai dentro do noso Club. Agardámoste.
 


ATENCIÓN: Para que o Restaurante poida facer as súas previsións con tempo, a lista ábrese o Martes día 9 de Decembro e péchase o martes día 16. 

Sairemos o domingo ás 8 de Praza España.
Share:
spacer

1 comentario:

  1. Larga vida a la nueva Junta Directiva!!!
    Por fin un Belen de Cumbres y una Marcha del Pavo con sol!!!!. ¿ se acabaron las mojaduras y los resfriados consecuencia de la actividad?.
    Habeis puesto el listón muy alto y habrá que mantenerlo.
    Buena elección de recorrido y restaurante con paseo turistico insolito en bus.
    ¿ para cuando una auténtica marcha de regularidad?
    Antonio .

    ResponderEliminar

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.