ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA DE CONCURSOS DE ACTIVIDADES

Disfruta de la naturaleza con los concursos de actividades que el Club tiene establecidos para sus socios y obtendrás un bonito trofeo al finalizar cada uno.
Se acaba de hacer público el nuevo modelo de parte de actividades siendo el único válido a partir de ahora.  Rellénalo exponiendo las actividades realizadas y no olvides indicar el concurso en el que participas. Entrégalo en el Club, o simplemente envíalo por correo electrónico a info@trevinca.es.


ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA DE CONCURSOS DE ACTIVIDADES

A Xunta Directiva do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia acordou, en reunión mantida o 22 de decembro de 2014, a modificación da Normativa de Concursos de Actividades, vixente ata ese momento, quedando polo tanto anuladas as anteriores de 1987, 2004 e 2008.

A nova normativa modificada, que entrará en vigor a partir do 1 de decembro de 2014 é a seguinte:

NORMAS XERAIS

- Para iniciar a participación en calquera dos concursos, comunicarase a mesma por escrito ao Responsable de Concursos, entregando o “Parte de Actividades” no Local Social ou ben a través do fax ou correo electrónico. Todos os partes se cubrirán de forma individual, indicando o tipo do concurso, data e firma do socio.

- Os concursos faranse de forma correlativa, tal como figura nas presentes normas, comezando polo de categorías, que son obrigatorias para todos os demais, podendo realizar unicamente un concurso ao ano.

- Só se permitirá repetir un monte 2 veces no mesmo ano no concurso de metros.

- No día, non será válido máis dun cume e este non será nunca inferior aos 300m. En xeral, para calquera concurso, non está permitido máis dunha actividade por día.

- O período para realizar os distintos concursos será o comprendido entre o 1 de decembro e o 30 de novembro, debendo estar finalizados dentro deste intervalo de tempo, os que sexan anuais.

- É obrigatorio entregar os partes das actividades realizadas dentro dos 30 días seguintes á realización das mesmas. Débense utilizar para iso os impresos que o club facilita no local social ou na páxina Web. Os partes entregados fóra dese tempo non serán válidos, salvo autorización da Xunta Directiva.


- Todo parte que careza de datos suficientes ou se observe no mesmo falseamento ou mala fe, será invalidado automaticamente e no caso dos últimos supostos, aplicarase a sanción á que houbera lugar.

- Non se terán en conta os cumes principais que non se axusten á nomenclatura e á altura dos mapas do IGN de España, de escala 1:25000, e en xeral, non se terán en conta as cotas secundarias moi próximas á principal, nin os cumes estranxeiros que non sexan perfectamente identificados.


- Todo socio do club que realice actividade para calquera dos concursos establecidos, estará en posesión da Licenza Federativa da F.E.D.M.E. Agás para os Concursos de Metros e o de Teitos de España, a licenza será emitida a través do Club Peña Trevinca M.G.

- Os socios que participen nos Concursos de Actividades e realicen os mesmos dentro dos prazos e normas establecidas, serán obsequiados cun diploma ou trofeo que faga referencia ao concurso conseguido. Para isto tamén será obrigatorio realizar, cando menos, unha actividade das organizadas polo club dentro do período de concursos.

- O Club Peña Trevinca, a través dos seus Órganos de Dirección, resérvase o dereito a modificar a inclusión, exclusión, nomenclatura, altura, ou calquera outra precisión de montes e actividades que afecten aos concursos, baseándose sempre en medicións e cambios efectuados por Organismos Oficiais.

Nota: respectaranse as condicións existentes no momento de ter iniciado o concurso a aqueles socios que o tiveran aberto con anterioridade a esta modificación.


Share:
spacer