3ª
CATEGORIA: 15 MONTES de MÁIS DE 600m e 2 de MÁIS de 700m
(1 ano)
2ª
CATEGORIA: 15 MONTES de MÁIS DE 800m e 3 de MÁIS de 900m
(1 ano)
1ª
CATEGORIA: 20 MONTES de MÁIS DE 800m e 4 de MÁIS de 1000m
(1 ano)
PREMIO EN CADA CATEGORÍA
a elixir : TROFEO OU DIPLOMA.
* CONCURSO
DE PARELLAS DE MONTES: a elixir 15 PARELLAS de montes da lista
proposta. Tamén terán validez 3
parellas, como máximo, das propostas nas actividades organizadas
polo club. Esta opción deberase comunicar ao vocal responsable dos
concursos facéndoo constar no parte.
PRAZO: 1 ANO. PREMIO: TROFEO.
*
CONCURSO DE TRAVESÍAS DE MONTAÑA: a elixir 15 TRAVESÍAS da
lista de 30 propostas. Tamén terán validez 3
travesías, como máximo, das propostas nas actividades organizadas
polo club. Esta opción deberase comunicar ao vocal responsable dos
concursos facéndoo constar no parte.
PRAZO: 1 ANO. PREMIO: TROFEO.
*
CONCURSO CENTENARIO: 100 MONTES de máis de 500m. Poderán realizalo aqueles socios que
realicen sucesivamente as categorías 3ª, 2ª e 1ª e os concursos
de Parellas e Travesías.
PRAZO: 2 ANOS MÍNIMO, 4 ANOS MÁXIMO. PREMIO: 1ª VEZ TROFEO. VECES
SUCESIVAS: DIPLOMA.
- Só será válido un cume por día,
non podendo facer o mesmo día ningunha
actividade para calquera outro concurso. Os montes nunca
serán repetidos.
- Este concurso poderase repetir as
veces que se queira.
* CONCURSO DE CAMPAMENTOS: 12 CAMPAMENTOS en montes de máis de
500m, 2 CAMPAMENTOS en montes de máis de 1000m e 20 CUMES de máis
de 500m.
PRAZO MÁXIMO: 2 ANOS . PREMIO: TROFEO.
-
Consiste en pasar a noite acampado nas proximidades do monte
realizado previamente, podendo ao día seguinte ascender outro cume
próximo ( non vale o mesmo) acumulable para completar os 20 cumes do
concurso.
*
MEMORIAL ANGEL VILLAVERDE: A elixir 25 CUMES da lista
proposta. Só será válido un por día.
PRAZO: 2 ANOS MÁXIMO. PREMIO: TROFEO (Hórreo de prata
ou similar).
*
CONCURSO SUPER CENTENARIO: 100 montes de máis de 1000m.
PRAZO MÍNIMO 3 ANOS e MÁXIMO 5 ANOS.
PREMIO 1ª VEZ TROFEO, SEGUINTES VECES DIPLOMA.
- Poderase realizar unha vez acabados
todos os anteriores.
- Este concurso poderase repetir as
veces que se queira.
*CONCURSO
DE VETERANOS: 15 PARELLAS, 8 TRAVESÍAS, 8 CAMPAMENTOS en
montes de máis 600m, 20 CUMES de máis de 600m, 5 CUMES de máis
1000m, e 3 de máis de 2000m.
PRAZO: 2 ANOS. PREMIO: TROFEO.
- Poderán realizar este concurso todos
os socios que completen sucesivamente os anteriores, sendo este o
final do ciclo e resumo deles.
OUTROS
CONCURSOS E NORMAS ESPECÍFICAS PROPIAS
*CONCURSO
TEITOS DE ESPAÑA: 50 CUMES. PRAZO ILIMITADO
PREMIO a elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Poderán participar todos os socios
maiores de 15 anos e unicamente basta con ter realizadas 3ª, 2ª e
1ª categoría, facendo soamente un cume por día, non podendo
realizar actividade para outro concurso nese mesmo día.
- Este concurso está baseado no libro
de “Os Teitos de España” de José Martínez Hernández (ed.
Desnivel)
- No caso de que un monte sirva de
teito a dúas provincias, fixouse un monte alternativo a realizar
neste concurso, non sendo válido o mesmo para ambas.
*CONCURSO
DE PARTICIPACIÓN: a única condición é a participación nas
actividades que realiza o club nas modalidades de Sendeirismo e
Montañismo.
PRAZO ANUAL. PREMIO a elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Consiste en participar en, polo
menos, todas menos unha das actividades dun día que organiza o club
durante o período de concursos ou, en todas menos unha, das
actividades organizadas polo club de dous ou máis días.
- Os partes cubriraos o vocal
responsable da actividade, a quen se lle comunicará a intención de
realizar este concurso na 1ª saída que se participe.
- Poderase repetir as veces que se
queira.
*CONCURSO
DE SENDEIROS: sendeiros por etapas segundo lista. PRAZO: UN
ANO
- Poderán participar calquera socio,
tanto infantil como adulto, e consiste en percorrer as 25 etapas da
lista de sendeiros proposta, tanto GR como PR.
- Unicamente será válida unha etapa
por día e deberá especificarse o inicio e final de cada etapa no
parte de actividades.
GR 58 S. dás Greas: 202km 10 etapas
desde Vigo (Cotogrande) a Vigo (Aeroporto)
GR 94 S.Rural de
Galicia: 138km 6 etapas Desde Vigo (A Madroa) a Santiago
(catedral)
GR 53 Panorámico de Vigo: 58,2km 2 etapas.
PRG 164
Senda da Fraga do Barragán: 17,3 km 1 etapa
PRG 119 Ruta do
Xabriña 17 km 1 etapa
PRG7 8 Leiro-Pena Corneira: 9km 1 etapa.
Desde Leiro ata Lama (Pena Corneira)
PRG 67 Sendeiro Histórico de
Mos: 17,8km 1 etapa.
PRG 132 Ruta dos Montes de San Cibrán 12,83
km 1 etapa
PRG86 Sendeiro Viñedos dá Ribeira Sacra: 13,3km
1etapa
PREMIOS
ÁS ACTIVIDADES
Consideramos agrupar neste apartado a
aqueles premios nos que non é preciso inscribirse, coma se se
tratase dun concurso, e que son de aplicación xeral a todos os
socios do club, incluídos os Infantís-Xuvenís.
ACUMULACIÓN
DE METROS: acumulación de 150.000m. 250.000m, 500.000m. e
1.000.000m e así sucesivamente cada 500.000m.
PRAZO ILIMITADO. PREMIO A elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Estes concursos son válidos para
todos os socios e consisten na acumulación de metros de todos os
cumes ascendidos, co club ou de forma particular, ata chegar ás
cifras indicadas, sen haber limitación de tempo en ningunha delas.
Todos os que cheguen á cantidade de 150.000m poderán continuar:
250.000m, 500.000m, 1.000.000m e así sucesivamente cada 500.000m. De
alcanzar dúas acumulacións nun ano, obterase unicamente trofeo
pola maior.