Venres, 14 de xuño ás 20.30h.
Entrega de premios do III Concurso fotográfico
O xurado do III concurso de fotografía, que se celebrou o pasado 12 de maio nas Illas Cíes, xa emitiu o seu veredicto e para coñecelo teremos que achegarnos este venres ata o local social.
Alí coñeceremos aos gañadores e celebraremos a entrega de premios. Nesta edición tivo como marco incomparable as nosas illas Cíes. O xurado tivo moito traballo…vexamos o resultado.
E despois dos premios....
Aosta: Reunión sobre o programa e información de interese
Xa
queda pouco para o campamento de verán deste 2019...Nesta xuntanza trataremos os temas das rutas. Case todos os
días haberá a posibilidade de escoller entre dous percorridos, con cumes como
Mont Creya, Mont Colmet e Tête Blanche de By de máis de 3.000 metros, Gran
Paradiso de 4.061 metros e algún máis que saberedes nesta reunión. Desta
maneira poderemos ter un pouco máis claro cal dos dous percorridos elixir cada
día.
Daremos o horario definitivo do do autobús e do avión, como se vai
xestionar todo o relacionado coas maletas e información do material necesario
para realizar algún cume.
Por todo isto e algunha dúbida que poida xurdir,
faremos unha reunión informativa na que é moi importante a vosa
asistencia.
¡ NON FALTEDES Á CITA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.