Xa está aberta,
para as nosas seccións infantil e xuvenil, esta mágnífica actividade que cada ano pon o
peche, ata setembro, ás actividades dos nosos menores.
Nesta edición
temos dous grandes atractivos aos que non podedes faltar.
Para o sábado
subiremos ao mítico Monte Pindo, un dos lugares máis máxicos da nosa costa
e “Olimpo Sagrado dos Celtas”, e
visitaremos tamén e a fermosa fervenza do Ézaro, que forma o rio Xallas na súa
desembocadura no mar.
Logo nos
trasladaremos as instalación deportivas de Naturmaz (Parque Aventura de
Mazaricos) onde pasaremos a noite para o
domingo navegar en kayak polo encoro de A Fervenza, escalar no seu
rocódromo, ou camiñar pola súa fermosa
contorna.
Apuntarvos canto
antes, pois necesitamos ir confirmando as prazas no albergue, e será una
actividade aberta a cal poderán acudir non socios.
Maís información chamando ao club
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.