Francisco
Rodríguez Silva (Kiko) primeiro na proba Serra Amarela Sky Marathon
O noso socio Francisco Rodíguez
Silva, máis coñecido
como Kiko,
natural da Guarda, participou o 16 de xuño na proba Serra Amarela Sky
Marathon representando o noso club Peña Trevinca.
Quedou primeiro na categoría de veteranos maiores de
50 anos, cun tempo de 7 horas e 13 minutos. Trátase dunha proba dura, sobre unha distancia de 48
quilómetros, con 2.800 metros de desnivel positivo e
5.600 metros de desnivel acumulado.
Unha proba con saída e chegada no lugar de Entre Ambos
os Ríos, en Portugal. Percorrido que transcorre polo Parque Nacional de Peneda Gerês, único parque nacional de Portugal.
¡¡¡Noraboa Kiko!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.