Un ano máis o club Asesou de
Ourense organizou unha proba de Marcha Nórdica, o pasado domingo día 16 de
xuño: o II OPEN DE MARCHA NÓRDICA CAMPUS DA AUGA – CIDADE DE OURENSE, coa
participación dun bo número de marchadores. A organización proporcionaba
bastóns de marcha nórdica a quen os precisase.
A proba desenvolveuse sobre o
mesmo circuíto da edición anterior, nunha mañá soleada e con boa temperatura,
sobre un percorrido circular, sinalizado e coa colaboración da Policía Local e
de Protección Civil. Comezaba con dúas voltas á pista de atletismo das
instalacións do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, logo polas beiras do
río Loina e río Miño para regresar ao punto de partida e dar unha última volta
á pista de atletismo onde estaba instalada a meta.
Houbo participación de varios
clubs galegos e tamén particulares non adscritos en ningún grupo deportivo. Ao
igual que a proba do pasado ano, estaba aberta ao público en xeral, tanto
federados coma non federados, tendo polo tanto un carácter divulgativo da
actividade, de tal xeito que por parte da organización déronse instrucións e
consellos para corrixir e mellorar a técnica de marcha nórdica, pero en ningún
caso se sancionaban as posibles imperfeccións. Consecuentemente non se
consideraron as categorías que sinala a normativa da Federación e no seu lugar
establecéronse dúas categorías únicas: mulleres e homes.
E unha vez máis, como xa vén
sendo habitual, participou o noso socio Segundo González Parente representando
ao noso club, que foi distinguido por ser o máis veterano dos
participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.