CAMISETAS 75º ANIVERSARIO



Vaise facer un segundo pedido de camisetas do 75º aniversario. 



Como sabedes temos modelo muller e home, e varias son as cores: branco, negro, vermello, pistacho, laranxa e azul celeste. 

Para pedilas achegádevos ao local ou chamando, onde vos informarán ou resolverán calquera dúbida.


LEMBRADE!! TEDES DE PRAZO PARA PEDIR A CAMISETA ATA O VENRES 14 DE XUÑO.

spacer

AVISO OS SOCIOS


CONFECCIÓN DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES
2º SEMESTRE 2019

Xa estamos co calendario do segundo semestre. É neste momento cando os socios que o desexan ofrecen a súa colaboración para preparar algunha marcha ou suxerir algún percorrido que lles gustaría que o club realizase.



¡ANÍMATE a ser ti tamén por un día guía dunha ruta para os teus compañeiros!

DURANTE TODO XUÑO PODES PRESENTAR A TÚA PROPOSTA



spacer

INFO: SAÍDA AO FARO DE CHANTADA


SECCIÓN INFANTIL: Domingo 2 de xuño
SAÍMOS AS 9am DO CONCHEIRO


Como se achega o verán, antes das vacacións debemos facer algunha ascensión para celebrar o noso 75º aniversario e, para iso, nada mellor que subir ao teito da nosa provincia, o coñecido Faro de Chantada 1.181m

O roteiro, duns 12 quilómetros, farémolo pola vertente oriental, partindo da aldea de  Esmeriz no concello de Chantada. Atravesaremos un precioso bosque durante a ascensión ata alcanzar a zona alta, repoboada con piñeiros. O Faro é un dos mellores miradoiros de Galicia e permitiranos gozar dunha ampla panorámica de 360 graos. 



¡É, sen dúbida, unha boa forma de celebrar o noso aniversario na montaña!


spacer

SERRA DO BANZANZA


XA ESTÁ ABERTA A LISTA

Saímos o 9 de xuño ás 8h. da Praza de España


No mes de xuño achegarémonos á Serra do Barbanza para facer a nosa actividade, concretamente aos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Iniciaremos a ruta en Aldeavella, onde finaliza a carretera asfaltada que parte de A Pobra do Caramiñal. As casas abandonadas de Aldeavella emprázanse á beira do o Pedras por onde faremos o primeiro tramo do noso percorrido, remontándoo ata  a ponte da Miserela. Nese punto xúntanse os dous ríos que baixan da Curota: o San Xoán e o Barbanza, para formar o Pedras. Segundo remontamos o río aparecen ante nós multitude de pozas e tobogáns. De vez en cando será bo deterse e contemplar a paisaxe que se divisa ás nosas costas. A a de Arousa ábrese cada vez máis diante dos nosos ollos.



Chegados aos chans do Barbanza xiraremos cara ao miradoiro da Curotiña, xa sempre coa a de Arousa ao fondo. Din que desde aquí, nos días despexados, podemos alcanzar a ver desde o cabo Finisterre ao monte Santa Tecla, o que o convirte nun dos mellores observatorios de Galicia.
Sempre en descenso, pasando primeiro polo miradoiro de Valle Inclán e logo polo cruceiro de Moldes, dirixirémonos ata o polígono industrial Xarás onde nos espera o autobús para levarnos á praia do Vilar no Parque Natural das Dunas de Corrubedo.


Os que o desexen poderán darse un baño nas augas desta magnífica praia.

Non volo podedes perder. Anotádevos!!!!


spacer

Resumo: Xornada de Escalada cós nen@s e rapaces


O pasado sábado día 25 tivemos unha mañá fantástica no Galiñeiro.




A meteoroloxía permitiu que os nosos nen@s e futuros escaladores, disfrutaran moito nas suas paredes. 




Foi un estupendo remate, momentáneo, as xornadas de búlder no noso local e rochódromo nas instacións do CUVI, que veñen facendo dende xaneiro ata abril. 

Agora toca ir tomando contacto coa rocha e o que é maís importante, disfrutar e adquirir práctica. 

Noraboa a el@s e grazas aos páis e nais pola confianza que nos depositan



spacer

RETO: BANDEIRA VIAXEIRA #4



Xa temos novos socios cumprindo os retos deste ano coa Bandeira Viaxeira:


O pasado día 12, os socios Juan Carlos Herbello e Carlos Carrera, fixeron unha escapada de cinco días para aproveitar o bo tempo e ascender a algúns dos cumes máis significativos dos Pireneos.

Directamente de Vigo chegaron o domingo para durmir no refuxio de Góriz, e así ascender o luns ao Monte Perdido 3.348m. con moi bo tempo no que o forte vento só afectou nos metros finais.




O mércores, xa facendo base no camping Aneto de Benasque, foi a aproximación dende a ponte de Espigantosa ao refuxio Ángel Orús e ascensión ao pico Posets 3.369m. nunha longa xornada na que a neve xa bastante branda e abundante a partir dos 2.300m. dificultou bastante o ascenso.



E o xoves foi a subida polo val de Lliterola ata o pico Perdiguero 3.219m., novamente con moita neve branda, e co tempo xusto antes das novas nevaradas que ian caer esa mesma noite.



Foron cinco días para gozar da impresionante paisaxe da primavera nos Pireneos, cos seus cumios e lagos aínda nevados mentres nos vales abunda a auga e as fragas mostran as súas mellores galas de primavera.

¡Noraboa e gracias por compartir con todos nos!




spacer

CHARLA: A COVA DO REI CINTOLO


“ONDE NACE A NÉBOA”
Día 24 de maio ás 20,30h. no local social


Este venres, ás 20,30 h no local social, temos a presentación do libro A Cova do Rei Cintolo; un percorrido polos fitos, curiosidades e lendas da mais lendaria das covas de Galicia.





O seu autor Xurxo Lorenzo, transmitiranos de primeira man os seus coñecementos sobre esta fantástica cavidade de Mondoñedo. 

NON FALTEDES.
spacer

FOTOS INFANTIL: ENCIÑA DA LASTRA


Os dejamos aquí algunas imágenes de las tres rutas que hicimos con la sección infantil el pasado fin de semana en el entorno del Parque Natural Enciña da Lastra (Ourense).

  • Ruta do Mondón desde A Barxa al balneario de Sto. Tomás de Beto (O Bolo)
  • Ruta San Facundo a Matavenero (Bierzo) 
  • Ruta de Biobra a Oulego (P.N. Enciña da Lastra)






Buen ambiente, buen tiempo y mejores rutas...


spacer

Produccion ARA SALVAJE



FILM DE AVENTURA DE MTB EN EL ÚLTIMO GRAN RÍO SALVAJE


“Desde ese momento quedará ligado a sus aguas, sus montañas, su historia y sus gentes”


Unos amigos de un club de Sobrarbe trabajaron en la producción de una fantástica película llamada "Ara Salvaje". Ellos nos invitan y agradecen la difusión de este evento.

La película estará en A Coruña y Vigo. Cuenta la historia de un ciclista argentino y su encuentro con el último gran río salvaje del Pirineo:



Cabalgando entre documental y ficción, “Ara Salvaje” es la primera producción cinematográfica en 4K de MTB hecha en España. Una historia íntima que celebra la vida mirando al pasado, al presente y al futuro de un territorio del Pirineo.

Desde aquí os animamos a que no la perdáis y a ir acompañados. En A Coruña el jueves 13 de junio y en Vigo el jueves 20 de junio.


(Solo os serán cargadas en el momento de confirmación del evento)


spacer

FOTOS: Picos de Europa do 17 ó 19 de maio

spacer