O día 8 desfrutamos dun acto tan bonito como enriquecedor.
Desfrutamos da proxección do documental “A Mar do Fin do Mundo: Marcados para sobrevivir”. Un documental gravado nas nosas augas onde se expón a
fermosura somerxida á vez que se amosa a gran labor científica que se fai
para conservala.
Con nós estivo Jose Irisarri, produtor do documental, quen se quedou ata o
final e contestou as preguntas de todos nós. Sen dubida una contribución marabillosa, xa levábamos 40 minutos de debate a aínda quedaban preguntas no tinteiro.
Foi xenial ter a unha persoa con máis de 4000 mergullos ás súas costas e xa 40
anos traballando no sector que nos contase anécdotas e destapase curiosidade sobre o mundo mariño.
Penso que todas e todos os que asistimos quedamos encantados coa proxección,
dende descubrir como se fan mostraxes de seguimento de quenllas ata ver centolas
recorrer centos de quilómetros cos seus enormes peiteados dignos da mellor
alfombra vermella. A min ponme moi leda descubrir que existe este gran interese
polo noso mar, por como se conserva e por saber que se pode ou debe facer para
evitar o seu deterioro.
Creo que tampouco quedou sen protagonismo Rena Ortega, quen nos amosou un
gran abanico do seu traballo como ilustradora, principalmente baseado nos
océanos. Vos deixo aquí a súa foto para que vaiades engadindo estas marabillosas
obras á vosa lista.
Con iso non me queda máis que agradecer a estas dúas persoas, sen elas este
evento non sería posible.
Tamén quixera agradecer a Luis Álvarez, por facilitarnos de novo o sistema de son, a Faustino por prestarnos o auditorio dos PP. Capuchinos
durante toda a xornada. Así como a Alfonso Mandado (UVIGO) e Nuria Rodríguez
(Concelleira de Medioambiente-Concello de Vigo) polo seu apoio e colaboración
para este acto.
**Tedes algunhas fotos aquí**
Cristina Fernández González, vogal de Medioambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.