24 e 25 de xullo
Xa vai chegando a información desta agardada actividade en Picos de Europa
que cada ano preparan os nosos amigos da “depor”. O Valle de Valdeón será onde
realizaremos as ascensións, tanto do sábado como do domingo, facendo base en
Posada de Valdeón.
Como moitos sabedes trátase dunha autentica actividade de montaña onde poderemos
recuperar as sensacións montañeiras que tanto botamos de menos os últimos
meses. Excelente oportunidade para poñernos a punto e “desempolvar” as botas e
os músculos e prepararnos para as actividades fortes de Pireneos.
Lembrar que será preciso saír, en coches particulares, na tardiña do venres para estar de mañá xa moi preto de Valdeón.
MÁIS INFORMACIÓN CHAMANDO AO CLUB.
A LISTA XA ESTÁ ABERTA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.