DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS (6/8 de Xuño)

 



Recordatorio Actividades

Domingo 6 de Xuño

Grupo de andaina:

Comezaremos a marcha 3km antes de A Garda camiñando sempre pegados á costa ata chegar a desembocadura do Miño en Camposancos. Durante o traxecto iremos recollendo plásticos e demais “obxectos perdidos” que atopemos. Despois completaremos a xornada cun percorrido cheo de marabillosas vistas que nos levará a subir ao Monte de Santa Trega para descender cara A Garda.

Grupo de kaiak:

Comezaremos camiñando no estuario do río Miño, en Salcidos, ata a mesma desembocadura do río en Camposancos. Durante o percorrido apañaremos calquera tipo de lixo que se atope preto do río, nas marismas, no pinar ou na praia. Sobre as 14h. Nos dirixiremos o punto de encontro cos kaiaks, na praia da Armona, para dar comezo a segunda parte da xornada remontando o río Miño que nos levará sobre 2 horas e onde tamén levaremos bolsas para ir apañando o que atopemos na ribeira do río. Lembrade levar traxe de baño e calzado que se poida mollar, a roupa quedará no bus.

Para ambos grupos o autobús sairá ás 9:00 dende la Plaza de España.

Sección Infantil:

Os nosos compañeiros máis pequenos poderán axudar en todo o tramo de recollido de lixo a pé que fará o grupo do Kaiak para chegar ata a Praia do Muíño onde decidirán quedarse ou camiñar un tramo máis de costa antes de regresar a casa.

Facilitaranse bolsas e luvas para as labores de limpeza

Martes 8 de Xuño

Nos xuntaremos todos no Auditorio dos PP Capuchinos (Vázquez Varela, 15) ás 20h para desfrutar do excelente documental ““O Mar do Fin do Mundo: Marcados para sobrevivir” onde nos acompañará o seu produtor Jose Irisarri. Nese mesmo espazo tamén contaremos coa presencia da ilustradora mariña Rena Ortega.

NON PERDADES ESTA DATA!






Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.