PROPOSTAS DE SENDAS PARA ESTA FIN DE SEMANA

 

Seguimos agardando a evolución favorable da situación do covid-19 para poder voltar a camiñar xuntos. En canto se poida, realizaremos as actividades que xa anunciamos na circular de febreiro, tanto os adultos como os da sección infantil-xuvenil.    

E para ir adestrando propoñémosvos varias opcións: unha, á outra beira da ría, no Morrazo, e outra, polas terras de Oia.

No Concello de Cangas suxerimos a Senda Costeira Cangas - Donón que nos acercará a distintas praias do concello e á Costa da Vela e ao monte Facho. No concello de Moaña unha boa opción sería a ruta do Río da Fraga que atravesa de norte a sur o municipio moañés.


Outra boa opción sería a Ruta Máxica de Oia, xa percorrida co club hai uns anos pero non por iso menos atractiva.

OS ENLACES AS RUTAS PREMENDO ENRIBA





Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.