A Comunidade de Madrid foi a primeira que retomou as competicións neste ano 2021. Sen público, e respectando todos os protocolos COVID, a Federación Madrileña de Montaña realizou un gran esforzo para organizar a Copa de Bloque de Madrid.
O rocódromo Roc30 da capital madrileña acolleu a segunda proba desta Copa o pasado 14 de marzo. Máis de 80 participantes acudiron a esta proba que, en quendas dun máximo de 14 persoas e durante una hora e media, tentaron resolver os bloques nos menores intentos posibles. Foi unha xornada moi rifada e emocionante onde todos os deportistas puideron escalar de maneira segura e moi concentrados.
Dende Galicia achegáronse 5 deportistas do equipo de tecnificación de escalada, e entre eles a nosa socia Natalia Vale, de 14 anos, que competiu en categoría feminina Sub-16 acadando o segundo posto. Esta socia, que ven de acadar recentemente o seu primeiro 7c en Picoña, promete dar moitas alegrías e triunfos para o noso club.
¡Parabéns a Natalia! e oxalá que tamén en Galicia poidamos ir retomando a normalidade pouco a pouco...
https://www.fmm.es/images/documentos/actividades/escalada/2021/II_Copa_Bloque_Madrid_Roc30_2021.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.