Araceli Vale fixose có primeiro posto no Campionato Galego de Dificultade de Escalada en categoría Absoluta celebrado en Lugo este sábado. ¡Queremos desexarte unha enorme noraboa! A nosa socia con tan só 16 anos, desbancou a todos no campionato de categoría Absoluta.
Cando
se xunta a forza da xuventude coa ilusión
e o apoio familiar e do entorno o éxito está case asegurado. E así aconteceu o
pasado sábado 24 de outubro no rochódromo de Lugo cun novo éxito desta moza
deportista.
Con tan
so 16 anos superou a competidoras de máis idade e experiencia grazas ao seu
esforzo e sobre todo a súa constancia que, como pasa noutras modalidades deportivas,
é imprescindible si se quere manter un nivel competitivo axeitado.
Resumo no seguinte vídeo da TV de Lugo
O éxito
de Araceli, socia do club xunto ca toda a súa familia dende hai sete anos, ven
sendo tamén o éxito de todas as persoas que a rodean e apoian neste
obxectivo, e entre elas está o seu
preparador e técnico da EGAM José Juan Domínguez.
A
escalada, para aqueles que non estades moi metidos na materia, é xa unha
modalidade olímpica e tiveramos disfrutado dela de non ser polas circunstancias
actuais. O club, levado tamén pola ilusión de estas socias, Estela Miles, Campiona
sub -16 no 2019 en Ourense, Araceli
Campiona 2019-2020 e Natalia Vale que lle anda ás costas a súa irmá,
está a facer o posible para facilitar o labor e poñer os medios para facer
realidade os seus soños. (As tres saben o que é representar a Galicia en
competicións nacionais).
Con
esta idea, a pesares das dificultades, neste mes de outubro botamos a andar de
novo as xornadas de escalada no rochódromo da UVigo ata o mes maio, onde 50
persoas adestran ao longo da semana e das cales 12 están en idade inf-xuvenil.
Felicitamos pois a nosa Campiona Araceli Vale desexando sobre todo que sexa feliz e
aproveitamos para dar a nosa noraboa a
todos e a todas que lle axudan a facer posible esta realidade. O noso agradecemento, como non, aos responsables de deportes da Uvigo, o noso terreo
de xogo, que nos facilitan moitísimo o traballo e son uns colaboradores excelentes, ¡Moitas grazas!
Deixámosvos
testemuñas de como recolleu a noticia a prensa estes días:
Tamén queremos agradecer a todos os participantes na competición por manter as medidas de seguridade e hixiene necesarias polo protocolo COVID-19. O espectáculo fíxose sen público e con todas as medidas precisas para que a seguridade fose o primeiro.
Todas as noticias e fotos ó detalle dos bloques da competición neste enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.