Saímos esta pasada fin de semana dende Vigo 97 persoas para xuntarnos con algo máis de 30 socios do club Trevinca Barco para ascender o macizo de Trevinca a festexar, como non podía ser doutra
maneira, o 75º aniversario do
noso club na cima que lle dá nome.
Xuntas todas as seccións do club, pequenos e maiores acompañados do club Peña Trevinca
Barco, tomamos os cumes da zona. Os rapaces
fixeron cumio no Pena Survia 2.116m, participando
algunha cativa de tan só 5 anos. Por outro lado, o grupo de adultos e
xuvenís camiñaron ata chegar á
cota 2.127m, coroando Pena Trevinca; neste caso a
persoa máis veterana tiña 72 anos.
Grupo no cumio en Trevinca 2.127m. |
Rapaces no cumio no Pena Surbia 2.116m. |
Pasamos a noite no pavillón do Barco de
Valdeorras. Ao día seguinte houbo unha marcha ata a
hora do xantar.
Ruta do domingo por Correxais |
Despois de cambiarnos e refrescarnos fomos directos ao acto de confraternidade, co gallo do 75º aniversario.
O encontro de 179 persoas foi toda unha homenaxe á fundación do club, coa proxección de vídeos dos dous clubs
que, aínda que agora sexan distintos, dende o
comezo están unidos pola mesma raíz.
Na pantalla Ricardo Guiarrián o fillo do primeiro presidente de Trevinca Gonzalo Gurriarán |
O acto rematou coa entrega de diferentes recoñecementos e agasallos...
Os infantís tras uns agasallos |
Homenaxeados |
Carlos Garrido entregando a Miguel de la Cal un agasallo conmemorativo |
Queremos
agradecer a participación de todos vós, grandes e cativos. Este foi un acto moi esperado que celebramos cun rotundo éxito. Sempre será unha data que lembraremos por anos e anos...
Grazas por asistir a
estes actos tan importantes que fan que o club se reafirme en que, aínda que ten 75 anos, é moi novo e ¡ten moito que darnos a todos!
Fotografías: Diversos socios do clube e "Somos Comarca"
Fonte: Seguinte enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.