CAMIÑANDO POLOS ALPES
Mércores día 16 ás 20h.
Club Faro: Auditorio da rúa Areal
Club Faro: Auditorio da rúa Areal
O noso excelente convidado é Manu Córdova, un dos grandes referentes do montañismo nacional nos
últimos anos.
Na actualidade é presidente do GAME (Grupo de Alta Montaña Español) e membro do equipo español de Alpinismo, tamén é membro do equipo español de escalada en Xeo. Ten no seu haber escaladas en grandes cascadas de xeo nos Pireneos, Alpes, USA e Canadá.
Manu Córdova (Zaragoza, 1986) é premio o Alpinismo Europeo 2011 pola primeira ascensión en libre da vía “No siesta” nas Grandes Jorasses (Francia), sexto na Copa do Mundo de Escalada en Xeo 2011, premio de Alpinismo Europeo 2010 e premio de Escalada en Xeo no 2009.
Con esta proxección faranos vibrar e trasladaranos a ese mundo vertical que tanto nos gusta e admiramos.
En 40 minutos intentará desvelar todas as reviravoltas destas ascensións: adestramento, planificación e loxística, para acabar cun coloquio onde poderemos debater sobre os asuntos de maior actualidade.

¡¡Non a perdas e ven cos teus amigos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.