IMPORTANTE A TER EN CONTA
- Por razóns de ter que axustar os tempos da actividade vémonos obrigados a adiantar a hora de saída, polo tanto os autobuses sairán ás 7h desde Praza de España. Rogamos máxima puntualidade. Debemos estar todos 15 minutos antes.
- Varios grupos: Un grupo camiñará ata o Pena Survia (Trevinca Norte 2.116m) volvendo a Fonte da Cova. E outro chegará a Pena Trevinca Sur (2.127m) volvendo tamén ao punto de inicio. Non se contempla a opción de chegar ata A Ponte ou vivaquear.
- Atención á equipaxe pois os dous autobuses irán cheos. Unha mochila para camiñar e outra co resto necesario é suficiente. Por favor, pensar que iremos case todos con saco e esterilla.
- A cea do sábado será libre. O pavillón está no mesmo centro de O Barco de Valdeorras.
- Para durmir no pavillón de O Barco é necesario saco, esterilla e sempre un frontal. Haberá duchas con auga quente.
- O almorzo do domingo, ás 9h, será para todos no mesmo pavillón. Nos subministrarán zumes, leite, cafés, colacao e “bollería”. Si levades os vosos utensilios utilizaremos menos plástico, e así produciremos menos lixo.
- A ruta do domingo pode ser de 14 ou 8 km, a elixir, tras a cal celebraremos un xantar de confraternidade, ao que estamos apuntados todos cos amigos do club Trevinca Barco.
A xunta directiva agradece a vosa participación nesta actividade deportiva e conmemorativa, e vos anticipa as GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E AXUDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.