O pasado domingo tiveron lugar os Street Games 2019 na Coruña.
Dentro do evento competían seis disciplinas de deportes urbanos: highline, skate, slackline, parkour, psicoblock e boulder.
Na modalidade de boulder os inscritos tiñan 90 minutos para completar os 7 problemas propostos. Posteriormente, os mellores 5 da categoría feminina e masculina pasarían á final para resolver os outros tres bloques restantes. Nesta proba final atopábase a nosa socia Araceli Vale, de 15 anos de idade, competindo coas adultas.
Rematada a proba, Araceli Vale alcanzou o podium conseguindo o primeiro posto.
Querémoslle dar os nosos máis sinceros parabéns.
¡Felicidades, Araceli! Vas chegar todo o lonxe que desexes co teu traballo ¡Noraboa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.