O pasado domingo, 24 de marzo, celebrouse na Coruña a primeira competición de marcha nórdica válida para a Copa de España FEDME 2019, e o Primeiro Campionato Galego Individual.
Cunha organización perfecta, no entorno da Torre de Hércules e con un tempo atmosférico inmellorable déronse cita deceas de marchadores de todas as federacións españolas.
Entre eles o noso socio Segundo González, representando ao Club Peña Trevinca de Vigo, que acadou o quinto posto na clasificación absoluta do Campionato Galego e primeiro clasificado na súa categoría C, de veteranos a partir de sesenta anos de idade.
O percorrido de casi once kilómetros, esixente a dicir de alguns dos expertos nesta disciplina aínda o foi máis ao aplicar nesta proba as novas normas da FEDME para 2019, que mesmo provocaron a descalificación de algúns dos participantes por acumulación de amonestacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.