III Día do Sendeirista de Galicia: Trevinca e F.G.M.

III Día do Sendeirista de Galicia
Domingo día 7

Este día ímonos xuntar cos compañeiros doutros clubs para compartir esta actividade federativa que este ano organiza o noso club. 
Camiñaremos pola terras do Xurés, entre España e Portugal, dando con ela remate ao noso Arco Luso-Galaico que viñemos percorrendo nos últimos anos.



Saíndo de Cainheiras pasaremos polo dolmen da Casa do Moura, pola aldea abandonada de As Cortes da Carballeira e a súa ermida, logo por unha fermosa carballeira ata chegar á área recreativa de “As Perdices” para, dende alí, achegarnos ao remate en Entrimo. 

Actividade só para federados que, ao remate da mesma recibirán o seu agasallo conmemorativo.

Animádevos a participar nesta andaina na que disfrutaremos dos albores da primavera. 

A lista xa está aberta ata o xoves 4

AGARDÁMOSVOS
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.