II Día do Sendeirista de Galicia
Domingo día 7 de abril
Este día nos imos xuntar con compañeiros de outros clubs para compartir esta actividade federativa que este ano organiza o noso club.
Camiñaremos pola terras do Xurés, entre España e Portugal, dando con ela remate ao noso Arco Luso-Galaico que viñemos percorrendo nos últimos anos.
Saíndo de Cainheiras pasaremos polo dolmen da Casa do Moura, pola aldea abandonada de As Cortes da Carballeira e a súa ermida, logo por unha fermosa carballeira ata chegar a área recreativa de “As Perdices” desde onde nos achegaremos ao remate en Entrimo.
Actividade so para federados que, ao remate da mesma, recibirán o seu agasallo conmemorativo.
Animarvos a participar nesta andaina na que disfrutaremos dos albores da primavera.
¡AGARDÁMOVOS!
A LISTA ABRÍMOLA HOXE DÍA 21 ATA O XOVES 4
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.