RESUMO DA FESTA DO 75º ANIVERSARIO

Emotiva celebración do 75º Aniversario do club o pasado día un.



Proxectouse un vídeo-documental de 40 minutos, no cal se recolleu a etapa fundacional e a actualidade do club. Este  foi moi comentado polos asistentes ao acto e as felicitacións tanto á Xunta Directiva como ao seu realizador Francisco Álvarez foron moitas e cariñosas. Tamén quedaron moi satisfeitos os socios veteranos, pois disfrutaron moitísimo tanto coa proxección como con todo o acto en xeral. 




Destacar que nos acompañou a socia máis veterana, Olga Abad, filla de Natalio Abad, fundador do club, que sendo dada de alta en 1949 leva pertencendo ao noso club 70 anos. Como sinal de agradecemento e cariño Olga recibiu un ramo de flores entregado polo presidente Carlos Garrido.



Ademais debemos destacar a presenza de outros fillos e netos dalgúns fundadores, como Alicia e Pilar Villaverde, expresidentes, socios  e directivos veteranos de outras épocas. Acompañounos tamén neste acto Adolfo Puch e David Araujo, presidente e vicepresidente da Federación Galega de Montañismo. 




Tan so lamentar a ausencia do noso querido Ricardo Gurriarán que unha circunstancia de ultimísima hora impediu a súa asistencia. Dende aquí lle enviamos unha mostra de gratitude por toda a súa colaboración. 




Moitas grazas a todos os asistentes tamén, do ricas que estaban as tartas e da festa posterior mellor non falamos.....

FELICIDADES A TODOS OS SOCIOS E AMIGOS DO CLUB







Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.