Un socio "trevinco" na Norte do Eiger

"A cara Norte do Eiger, esa parede que todo alpinista soñou algunha vez percorrer, vivir cada pasaxe lembrando a cruel historia que envolve os seus muros. 1800 metros de escura verticalidade que estremece e namora. Nada ten que ver co compromiso que asumiron os seus primeiros escaladores, alá en 1938, envoltos no afán de coroar o último gran problema alpino, no medio dun clima político complexo no que os conquistadores se converterían en heroes de guerra. Actualmente os avances técnicos e o equipamento facilitaron moito vencer ao "Ogro", sen menosprezar a dificultade e compromiso que aínda xera.
Outro soño feito realidade, esta vez en compañía de Eduardo González Amandi, asturiano, e o catalán Tato Esquirol, compañeiros de luxo cos que investimos 17 horas ata o vivac da “Travesía dos Deuses” e outras tantas ao día seguinte ata a cima e baixar a Grindelwald tras un descenso de 3000m".
Quen viviu así a ascensión, é o noso socio Carlos Garrido (fillo) que pouco a pouco vai coroando as grandes cimas dos Alpes escalando as temidas e soñadas “Caras Norte”. Deste xeito, o pasado xoves día 15 estes tres escaladores conseguían superar as enormes dificultades desta mole suíza, que deu orixe a coñecidas películas e a moitos documentais, con bo tempo, pero superando as dificultades da escalada mixta, roca e xeo, nunha vía de máis de 2000m e de gran dificultade.
 
 
Os nosos PARABÉNS aos tres e pedir a Carlos, que xa se atopa en Vigo aínda que por poucos días, nos prepare unha boa proxección para ofrecer no club na súa próxima visita.
Nós, facémoslle chegar a nosa FELICITACIÓN persoal e a dos Socios do "Club Peña Trevinca". Pola súa banda deixanos unhas fotos coas que compartir un pouco a súa aventura.
Tamén vos queda unha ligazón na que se pode ver a Carlos, escalando, nun vídeo promocional dunha coñecida marca de roupa. Que os disfrutedes!!
 
 
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.