Fotos "Belén de cumes e marcha do pavo"

Un ano máis esta actividade pechouse con gran éxito de asistencia. Unha xornada na que gozamos de boa compañía, unha morea de anécdotas, e como manda a tradición, un bo cocido para rematar.
Disputada estuvo a conquista do "pavo" xa que houbo empate entre dúas parellas, finalmente, Moncho Fernández  e Inhaqui Solla levaron o ansiado premio, mentres que Segundo González e Paco Lages  metéronse no peto á, nada despreciable, "pavita".
A sorte quixo visitar de novo a Inhaqui Solla que foi quen levou a "cestiña do Nadal".
 
Grazas a todos os asistentes por axudar a manter viva esta actividade.
Grazas tamén ós que exerceron de "controles" gardando para que todo saíra ben: Pedro Outón, Gustavo Bergantiño, Ángel Gómez e Telmo Costas.
 
 
 As fotos son de Lois Faro, Carlos Garrido e José Manuel González. Grazas!
 

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.