Non se pode dicir que este ano o Aneto
non recibirá “visitas” de socios de Trevinca. Ben co club, ou
de xeito individual, fomos moitos os que desfilamos este ano polo
“Paso de Mahoma”.
Pois ben, aproveitando que meu fillo
Carlos podía, e o tempo acompañaba, alá nos fomos “os Garrido”.
De cando en vez gústanos moito facer unha destas escapadiñas.
Foi moi agradable atoparnos cando
chegábamos á Renclusa co grupo dos outros catro trevincos que xa
baixaban de facer cumio ese día; nós, o faríamos ao día seguinte.
Apenas tivemos tempo de tomar unha cervexa, pero sí nos contaron
detalles da súa ascensión.
Ao día seguinte de facer nós esta
cume, referente máxima dos Pireneos, nos achegamos ata o
desfiladero de Mont-rebei, en Cataluña pero moi pretiño de
Aragón. Fantástico lugar, paraíso agochado dos escaladores, que
vos invito a que visitedes cando pasedes preto desa zona. Mágoa que
non se chega co bus...
Déixovos unhas FOTOS AQUÍ e unha aperta.
Carlos Garrido
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.