INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O CAMPAMENTO DE VERÁN (PIRENEOS 2016)

¡¡IMPORTANTE!!

**Todos aqueles que pensades participar na ascensión ao “Gran Encantat” comentarvos que é obrigatorio levar casco e arnés. No descenso se montará un rápel.

INFORMACIÓN XERAL

**A hora de saída é o domingo 31 ás 00,00h (SÁBADO POLA NOITE). Nesta ocasión pedímosvos de chegar a Praza de España cun pouco máis de antelación aos 15 minutos habituais para cargar o bus con tempo e cun pouco de xeito. Por favor, non chegar a última hora con maletas ríxidas.

**Lembrar a obrigatoriedade de levar a Licenza Federativa Tipo B e a cartilla da S. Social (Tarxeta Sanitaria).

**Cada persoa pode levar tres “bultos” no bus: 

               ***Unha “mochila de ataque” para as actividades.
                ***Unha mochila grande, ou similar, con todo o necesario para o campamento.
                ***Unha mochiliña pequena, con nós na parte superior, co imprescindible na viaxe do domingo.

**Durante a viaxe non teremos acceso ao maleteiro do bus.

**Non é imprescindible levar a comida de todos os días xa que estamos preto dun pobo e poderemos facer compras alí.

**Tampouco é imprescindible levar un saco de durmir xa que temos a posibilidade de alquilar sábanas no albergue. Así gañaremos espazo na mochila.

**Aquelas persoas que van a facer a travesía, ou van a acampar, sí poderán levar outro bulto no maleteiro coa tenda e esterilla. (Loxicamente sí levarán saco).

**Tede presente que as nosas actividades serán nunha zona de “Alta Montaña”, logo o calzado mais adecuado son as botas, semiríxidas para as actividades mais duras. O demais é correr riscos.

**Convén non esquecer que aínda que a actividade é en agosto tamén teremos temperaturas baixas. Levar as luvas, o pucho, bo saco para o vivac e todo o que precisedes para un momento de frío.
**Aqueles que teñen previsto facer vivac é recomendable que leven, polo menos, un dobre teito e non só unha funda de vivac.

POR FAVOR VOLVEDE A CONSULTAR O BLOG ANTES DO DIA 31 POR SE AMPLIAMOS ESTA INFORMACIÓN CON ALGUN DETALLE DE ULTIMA HORA. GRAZAS.
                                               
                              A XUNTA DIRECTIVA.


Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.