A 3ª edición dos 100 dos International Trekkers celebrouse o sábado pasado.
Os participantes saíron da Pobra do Caramiñal ás 17:00h, percorreron os concellos de Ribeira, O Son, Noia, Lousame, Rianxo, Boiro para ter que regresar á Pobra nun prazo máximo de 24 horas.
A proba podíase facer andando (ultrandaina) ou correndo (ultratrail). En calquera caso, é unha proba non competitiva, con apoio loxístico a todos os participantes (avituallamentos, asistencia médica, traslados...) sempre que entren nos tempos mínimos establecidos pola organización.
E como non podía ser doutro xeito alí estaban tres dos nosos socios: Javier Pereiro, Alberto Ruibal e Telmo Costas.
Dende aquí queremos enviar unha NORABOA conxunta por ter participado e rematado con admirables resultados esta durísima proba (a todos lles sobraron moitas, moitas horas).
Xa poucos adxectivos nos quedan paran referirnos a estes rapaces "todoterreno".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.