Na
tarde do xoves 25, no patio de armas do Castelo
de Soutomaior,
entregáronse os premios "Lois
Peña Novo".
Un grupo de socios do Club tivemos a fortuna e o pracer de asistir a
este acto.
Este premio anual atópase na súa 21 edición e pretende recoñecer o traballo das persoas que en distintos eidos da vida pública, ensino, ciencia, historia, xudicatura, etc, se expresan na nosa lingua coa finalidade de estimular a conciencia da galeguidade na cidadanía e nos representantes institucionais de forma tal que poidan provocar a revolución mental que Galicia necesita.
Tres foron os premiados. Entre eles Ricardo Gurriarán, colaborador deste blog e como todos coñecedes, fillo do noso fundador Gonzalo Gurriarán.

Os premiados: Dª Consuelo Castro Rey, Dº Ángel Carracedo Álvarez y Dº Ricardo Gurriarán Rodríguez |
Dº Ricardo Gurriarán |
Tras
recoller o premio e xa nos agradecementos, Ricardo
tivo un inesperado e agarimoso recordo para o Club Peña Trevinca.
Ante o numeroso público asistente expresou de forma inequívoca
o cariño polo noso Club e as marabillosas lembranzas que a súa
fundación representan para él.
A orixe de Trevinca ocupa unha boa parte do libro que Ricardo publicou no ano 2005 adicado á memoria do seu pai e co que obtivo o premio "Pedro Tertuliano".
Sen dúbida foi unha moi grata xornada para todos nós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.