Os nosos amigos e socios Alberto Ruibal e Javier Pereiro quixeron achegarnos a testemuña da súa participación nos "100 do 2015" da fin de semana pasada.
É unha proba non competitiva que ten unha modalidade dupla: Pode ser andaina ou ultratrail, é dicir, que se pode facer andando ou correndo. En calquera caso, estamos a falar de percorrer 100kms cunha subida acumulada próxima ós 2.600 metros. O itinerario desta edición saíu de Rianxo e percorreu ademais os
concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Noia e
Lousame, para rematar de novo en Rianxo.
A saída foi ás 5 da tarde do sábado "en barco" e o límite para chegar á meta eran 24 horas. A calor quixo ser protagonista nesta edición, facéndoa aínda máis dura.
Os que coñecemos a Tito e Javi non dubidamos un intre en que acadarían o seu obxectivo, a pesar da calor e de algúns imprevistos coas medias de compresión ou as zapatillas que aínda lles causan dor varios días despois. Para facérmonos una idea, é fundamental mudar roupa e calzado na metade da proba. Aquí os temos en acción...
Os dous concordan en que foi un percorrido moi fermoso, especialmente o treito entre Corrubedo e Noia. E tamén moi duro. ¡Houbo quen se bañou no río vestido para loitar contra a calor!
Javi chegou á meta en 21 horas e levou outro premio máis pola sua veteranía. Tito chegou en menos de 20 horas, pero sobre todo acadou "os 100" que eran un reto especial, xa que él ven das andainas de 50kms.
¡¡¡Noraboa e seguide animándonos co voso exemplo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.