Roteiro de Doade e Augasmestas (Domingo, 7 Xuño)


Lembrade que xa está aberta a lista para apuntarse a esta actividade. 

 Nesta ocasión imos de novo á nosa querida Ribeira Sacra do río Sil, á parroquia de Doade, no concello de Sober". Ruta que será guiada polo noso amigo e socio Oscar Pérez.
Partimos no medio dos viñedos onde se recolle esa mencía tan famosa, orixe dos mellores caldos que disfrutamos nos bos momentos, e que tanta fama nos están a dar, sendo un enorme valor engadido desta zona. Pasaremos por aldeas con encanto especial, entre soutos, muíños e tamén por algunha adega en Vilachá. Como non, teremos uns cantos miradoiros para contemplar a beleza da paisaxe deste lugares.
 
¡¡¡¡CONTAMOS CON VÓS!!!
A RIBEIRA SACRA TEN MOITO POR VER

 
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.