Este venres, ás 20:30 horas xuntarémonos no local social do club para mostrarvos un avance do programa de actividades de montaña que imos desenvolver neses días nos PIRENEOS (2- 11 Agosto). Faremos unha vídeo- proxección, comentaremos outros datos de interés e aproveitaremos para aclarar dúbidas que os socios teñan.
Lembrade que ao remate da charla, abriremos de novo a cantina. Todo o recadado é para "o bote do Nepal".
Se algún de vós quere colaborar aportando algo "feito na casa" para ofrecer na cantina ese serán, por favor, avisádenos antes do xoves. Graciñas.
¡¡¡¡VÉMONOS O VENRES!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.