Indicacións
sobre a actividade:
**Saída Venres 26: en coches particulares dende o "CONCHEIRO" (Avda. Madrid) ás 17,30h
un primeiro grupo, con Daniel, e ás 18,30h un segundo grupo con
Suso. MÁXIMA PUNTUALIDADE.
**Pernoctas no Albergue de
San Martín de Castañeda en réxime de pensión completa. Vos
entregarán unha bolsa con comida para o sábado e outra o domingo.
As ceas serán ás 21h. (Aqueles que viaxen en outro horario
deberán ter en conta o horario da cea).
Non é necesario levar
saco de durmir.
Programa:
SABADO 27:
Infantís: Tras o
almorzo iniciarán unha ruta ata a “Laguna de los Peces”. Ás
16,30h aprox. baixarán ata o albergue para posteriormente
desprazarse cos coches ata o Lago de Sanabria.
Xuvenís: ás
10,00h estarán preparados para desprazarse ata a “Laguna de los
Peces” onde iniciaran a Marcha con Vivac co grupo dos maiores. É
necesario levar saco, esterilla, tenda ou funda de vivac. Tamén
levar o necesario para comer e cear o sábado e o almorzo do domingo.
DOMINGO 28:
Infantís: Maña
de actividade libre, podendo desprazarse a zona de baño en
Ribadelago Viejo, onde ás 14,30h aprox. xantaremos todos xuntos co
grupo que ven de facer o vivac.
Xuvenís: Ás
7,30h levantaremos o vivac para desprazarnos polo Cañón do Tera ata
Ribadelago Viejo. (Ter previsto deixar algo de comer nesta zona)
16,00h: Entrega de
Trofeos e agasallos:Todos os participantes deberán estar presentes
neste acto.
Clausura do Campamento.
Segue Lendo...