Trasladamos o blog ao interior da nova páxina web. Dende ela poderás consultar o noso día a día.
Entra sen chamar pulsando en:
Trasladamos o blog ao interior da nova páxina web. Dende ela poderás consultar o noso día a día.
Entra sen chamar pulsando en:
27 XUÑO 2021
Temos preparada un pequeño
sendeiro costeiro pola península do Grove que pensamos que vos vai gustar. Son
aprox. 8 kilometros que percorren a costa que vai dende o porto deportivo de
Pedras Negras en San Vicente do Mar ata a Praia Mexilloeira xa nas inmediacions
do pobo do Grove. Será un tramo mixto de pasarelas de madera, area, terra,
pedras e algún que outro toxo…
24 e 25 de xullo
Xa vai chegando a información desta agardada actividade en Picos de Europa
que cada ano preparan os nosos amigos da “depor”. O Valle de Valdeón será onde
realizaremos as ascensións, tanto do sábado como do domingo, facendo base en
Posada de Valdeón.
Como moitos sabedes trátase dunha autentica actividade de montaña onde poderemos
recuperar as sensacións montañeiras que tanto botamos de menos os últimos
meses. Excelente oportunidade para poñernos a punto e “desempolvar” as botas e
os músculos e prepararnos para as actividades fortes de Pireneos.
Lembrar que será preciso saír, en coches particulares, na tardiña do venres para estar de mañá xa moi preto de Valdeón.
MÁIS INFORMACIÓN CHAMANDO AO CLUB.
A LISTA XA ESTÁ ABERTA.
O día 8 desfrutamos dun acto tan bonito como enriquecedor.
Desfrutamos da proxección do documental “A Mar do Fin do Mundo: Marcados para sobrevivir”. Un documental gravado nas nosas augas onde se expón a
fermosura somerxida á vez que se amosa a gran labor científica que se fai
para conservala.
Con nós estivo Jose Irisarri, produtor do documental, quen se quedou ata o
final e contestou as preguntas de todos nós. Sen dubida una contribución marabillosa, xa levábamos 40 minutos de debate a aínda quedaban preguntas no tinteiro.
Foi xenial ter a unha persoa con máis de 4000 mergullos ás súas costas e xa 40
anos traballando no sector que nos contase anécdotas e destapase curiosidade sobre o mundo mariño.
Penso que todas e todos os que asistimos quedamos encantados coa proxección,
dende descubrir como se fan mostraxes de seguimento de quenllas ata ver centolas
recorrer centos de quilómetros cos seus enormes peiteados dignos da mellor
alfombra vermella. A min ponme moi leda descubrir que existe este gran interese
polo noso mar, por como se conserva e por saber que se pode ou debe facer para
evitar o seu deterioro.
Creo que tampouco quedou sen protagonismo Rena Ortega, quen nos amosou un
gran abanico do seu traballo como ilustradora, principalmente baseado nos
océanos. Vos deixo aquí a súa foto para que vaiades engadindo estas marabillosas
obras á vosa lista.
Con iso non me queda máis que agradecer a estas dúas persoas, sen elas este
evento non sería posible.
Tamén quixera agradecer a Luis Álvarez, por facilitarnos de novo o sistema de son, a Faustino por prestarnos o auditorio dos PP. Capuchinos
durante toda a xornada. Así como a Alfonso Mandado (UVIGO) e Nuria Rodríguez
(Concelleira de Medioambiente-Concello de Vigo) polo seu apoio e colaboración
para este acto.
**Tedes algunhas fotos aquí**
Cristina Fernández González, vogal de Medioambiente.
Queremos dar as grazas a tódalas persoas que participáchedes onte na limpeza de praias.
Dende a desembocadura do río Mougás no concello de Santa María de Oia ata as marismas preto da parroquia de Salcidos, 40 persoas andiveron durante toda a xornada apañando todo o lixo que poideron.
Adicamos
máis esforzo a primeira das praias, a desembocadura do Mougás, porque, o non
ser zona de praia turística, os concellos non derivan esforzos a recollida de
lixo nestas áreas. Só aquí nos atopamos todo o que podedes observar na
fotografía, a maioría plásticos, pero tamén algún vidrio, textiles, e ata rodas.
Isto só deixa en evidencia que non está todo feito. A pesar de que a labor dos concellos cas brigadas de limpeza de praias na época estival é moi importante, quero recordar que o máis importante é tirar menos e levar a cabo unha boa xestión dos residuos.
Iso
sí, o traballo mereceu a pena o ver o resultado 😊
No
resto da xornada atopamos un pouco de todo, dende alfombras e colchóns ata
cordas, pasando por envases, colillas, vidrio, escombros, utensilios
hixiénicos, seguido de un longo etc.
Gustaríanos
agradecer a colaboración aos concellos de Santa María de Oia e A Guarda por
recoller e xestionar os refugallos apañados durante esta xornada.
Tamén
agradecer a Manuel por vir con nós e ilustrarnos coa súa sabiduría sobre a zona
(non vos perdades a súa web “El Naturalista cojo”) e a Kiko, socio do club, por colaborar persoalmente
en toda a organización da saída.
Tamén
dar os máis sinceiros agradecementos a Manuel de Tamuxe Kayaks por
colaborar con nós deixándonos os kaiaks a metade de prezo para que todos e
todas puidéramos desfrutar desos maravillosos 7km remontando o río Miño e o río
Tamuxe, unha ruta fermosísima.
Así mesmo, agradecer a Jose Irisarri e Rena Ortega por compartir con nós este día tan especial deixándonos moitas ganas de falar con eles mañá, día Mundial dos Océanos, ás 8pm no auditorio dos PP Capuchinos. Cita que temos gardada para asistir a proxección do documental “O Mar do fin do mundo: Marcados para sobrevivir”. Deixo aquí a noticia que contén o trailer porque non ten perda.
Vos deixo AQUÍ o link cas fotografías que sacamos durante a saída do domingo.
Moitísimas
grazas a todos por participar!
Cristina Fernández González, vogal de Medioambiente.
Monte Pindo-Caldebarcos-Paia de Carnota
26 e 27 de xuño
Xa está aberta
dende hoxe martes 8, a lista de inscricións para a segunda etapa da Senda das
Estrelas.
Nesta etapa comezaremos no monte O Pindo, dende o encoro
do Ézaro.
Esta ruta interior ascende o rego Caldeiras, pasando polo castelo de Peñafiel e a cova da casa da Xoana. Unha vez baixemos da Moa ata aldea do Pindo “pola vía normal”, percorreremos toda a rasa da Costa Cabra, dende Quilmas ata Caldebarcos.
Nesta apracible aldea de Caldebarcos, entre casas de pedra, hórreos e barcas de madeira, ancorou a súa vida, hai máis de trinta anos, a artesá ceramista Charo Pereiro. No noso recordo sempre, in memoriam; as súas coleccións de peixes de cores son o mellor tributo a esta salvaxe costa de Carnota.
O domingo volverá o protagonismo para Caldebarcos. Preto de alí arranca a “Ruta dos muíños” do rego de Amil- Valdebois, que faremos circular, para continuar logo pola eterna praia de Carnota, 7 km inacabables de area finísima en perfecta forma de media lúa, que na baixamar chega a ter ata 1 km de anchura. É un mundo natural noutra dimensión.
Remataremos a ruta na sonora vila mariñeira de Lira, cansos, satisfeitos, derrotados con tanta beleza.
A lista pecha o mércoles 23 xuño.
Máis información chamando ao club
El pasado sábado día 29 finalizaba el curso de escalada en búlder que nuestros futuros escaladores realizaron en el club durante los tres últimos meses. Pero esta última clase la recibieron en el rocódromo de la UVigo que, a primera vista, les causó una nueva “sensación” cuando lo tuvieron delante.
Sin embargo, como podéis ver en las fotos, se lucieron en el muro como
verdaderos gatos.
Esperamos que, el nuevo curso, algunos de estos niños y niñas tengan en la escalada un lugar donde ser felices y formarse como buenos y sanos deportistas.
Ver máis fotos aquí
Si no ano 2019 vistamos as queridas Cíes este ano, o pasado día 30, tocoulle a tamén moi visitada Illa de Ons nunha xornada, meteoroloxicamente falando, extraordinaria. Preto dun cento de persoas nos distribuímos en cinco grupos que, acompañados polos excelentes guías de Alecrín, fomos coñecendo datos e lugares que non sempre se obteñen nas visitas particulares.
Un reencontro primaveral ca Natureza moi agradable, a pesares de manter os protocolos covid en todo momento, que moitos agardábamos e que, pouco a pouco, volve a dar “mobilidade” ao noso club. “NAVEGAMOS DE NOVO”.
Domingo 6 de Xuño
Grupo
de andaina:
Comezaremos a marcha 3km antes de A Garda camiñando sempre
pegados á costa ata chegar a desembocadura do Miño en Camposancos. Durante o
traxecto iremos recollendo plásticos e
demais “obxectos perdidos” que atopemos.
Despois completaremos a xornada cun percorrido cheo de marabillosas vistas que
nos levará a subir ao Monte de Santa Trega para descender cara A Garda.
Grupo
de kaiak:
Comezaremos camiñando no estuario do río Miño, en
Salcidos, ata a mesma desembocadura do río en Camposancos. Durante o percorrido
apañaremos calquera tipo de lixo que se atope preto do río, nas marismas, no
pinar ou na praia. Sobre as 14h. Nos dirixiremos o punto de encontro cos
kaiaks, na praia da Armona, para dar comezo a segunda parte da xornada
remontando o río Miño que nos levará sobre 2 horas e onde tamén levaremos bolsas
para ir apañando o que atopemos na ribeira do río. Lembrade levar traxe de baño e calzado que se poida mollar, a roupa quedará no bus.
Para ambos
grupos o autobús sairá ás 9:00 dende la Plaza de España.
Sección
Infantil:
Os nosos compañeiros máis pequenos poderán axudar en todo
o tramo de recollido de lixo a pé que fará o grupo do Kaiak para chegar ata a Praia
do Muíño onde decidirán quedarse ou camiñar un tramo máis de costa antes de
regresar a casa.
Facilitaranse bolsas e luvas para as labores de limpeza
Martes 8 de Xuño
Nos xuntaremos todos no Auditorio dos PP Capuchinos (Vázquez
Varela, 15) ás 20h para desfrutar do excelente documental ““O Mar do Fin do Mundo: Marcados para sobrevivir” onde nos acompañará o seu produtor Jose
Irisarri. Nese mesmo espazo tamén contaremos coa presencia da ilustradora mariña
Rena Ortega.
NON PERDADES
ESTA DATA!
Bus: salida desde Plaza de España a las 8:30h
Los que van en coche a Bueu deberán estar en el puerto a las 9:30h
Salida barco a las 10:00h
Regreso desde Ons: 18:00h
Regreso bus desde Bueu: 19:30h aprox.
Llevar todo lo necesario para pasar la jornada caminando por la isla.