CELEBRACIÓN DAS ASEMBLEAS

 

O pasado día 26 de marzo celebramos as Asembleas Ordinaria e Extraordinaria segundo as convocatorias que vos enviamos. Desta volta o auditorio dos PP Capuchinos veu resolvernos, dadas as circunstancias covid, o problema do aforo e debemos estar satisfeitos pola asistencia, pois preto de corenta persoas acudiron ao mesmo a escoitar e opinar sobre a situación económica e deportiva do club.

Respecto ao contido da Asemblea Ordinaria quizais o dato máis importante que comunicamos foi que a situación económica segue sendo boa xa que, a pesar de non ter feito moitas actividades deportivas tampouco se subvencionaron estas e subvencionamos dous cursos da EGAM, ademais, a ausencia de actos sociais no club aforrounos os gastos de índole doméstica. Mantivémonos así nun punto de equilibrio entre ingresos por cotas sociais e gastos xerais.

No transcurso desta asemblea a vogal de Medio Ambiente Cristina Glz. fixo unha breve presentación da súa vogalía e amosounos as novidades que podedes ollar máis adiante.

Xa na Asemblea Extraordinaria, celebrada a continuación, aprobouse con todos os votos a favor e tan só unha abstención, o traspaso de promotor do GR94 ata o de agora en mans do club, á Asociación de Amigos do GR94 constituída polo expresidente Alberto Canle.


Momento da firma do Gr-94: Alberto Canle e Carlos Garrido

Este sendeiro de 126 km entre Vigo e Santiago foi deseñado e homologado cando o Club Peña Trevinca estaba presidido por Alberto Canle (1991-2005) e foi destino de moitas actividades do club ata o ano 2016. Agora mesmo precisa algunhas modificacións, que xa foron expostas por el hai tres meses a membros da nosa directiva e da propia FGM. Coa sinatura da acta de traspaso agardamos unha nova etapa de actualización e reactivación do mesmo, grazas ao labor de mantemento e difusión a través desta asociación promovida e creada por Alberto.



Xunta Directiva e socios co seu voto as
í o refrendaron. Agradecemos esta iniciativa e damos as grazas especialmente a Alberto por este intento de revitalizar o sendeiro. 

Ver enlace: http://amigosdosendeirogr94.es/


Moitísimas grazas dende a Xunta Directiva, a vosa resposta foi moi satisfactoria para nós.

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.